Iakov Mikhailovich Iurovski (en ruso: Я́ков Миха́йлович Юро́вский), nado en Tomsk (Siberia) o 19 de xuño de 1878 e finado en Moscova o 2 de agosto de 1938, foi un bolxevique ruso, coñecido por ser o encargado de executar ó tsar de Rusia Nicolao II e a súa familia en 1918.

Iakov Mikhailovich Iurovski
Yakov Mikhailovich Yurovsky 1918.jpg
Iurovski en 1918
Nacemento 19 de xuño de 1878
  Tomsk, Siberia, Imperio Ruso Imperio Ruso
Falecemento 2 de agosto de 1938
  Moscova, Unión Soviética Unión Soviética
Soterrado Donskoe Cemetery
Nacionalidade Imperio Ruso, República Socialista Soviética Federativa de Rusia e Unión Soviética
Fillos Rimma Yurovskaya e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Iakov foi o oitavo de dez fillos dunha familia de clase obreira. A familia Iurovski era xudía, pero a súa relación coa fe xudía foi ambigua. Segundo a historiadora Helen Rappaport Iurovski estudou o Talmud na súa mocidade, mentres que a súa familia tratou de distanciarse das súas raíces xudías, o que pode ser motivado pola discriminación que sufrían os xudeus en Rusia nese momento, de feito a súa familia odiaba e desprezaba por tradición á Rusia imperial.[1]

Viviu no Imperio Alemán desde 1904, onde se converteu ó luteranismo e cambiou o seu nome. Ó volver a Rusia durante a Revolución rusa de 1905, uniuse ós bolxeviques. Arrestado varias veces durante anos, acabou converténdose nun fervente comunista.[1]

Asasinato da Familia ImperialEditar

Artigo principal: Execución da familia Romanov.

A noite do 16 de xullo de 1918, un escuadrón bolxevique asasinou o último emperador de Rusia, o tsar Nicolao II, e a súa familia, a tsarina Alexandra, o tsarévich Alexei e as Grandes Duquesas, Olga, Tatiana, María e Anastasia. Coa familia estaban ademais, o médico da familia Eugene Botkin e outros tres servos, que tamén foron executados. Todos foron fusilados e apuñalados na Casa Ipatiev da cidade de Ekaterinburgo, unha cidade da rexión dos Urais. Crese que Iurovski disparou ó tsar e o seu fillo en persoa, mentres que os seus compañeiros de escuadrón asasinaron os outros membros da familia.

Para evitaren calquera intento de culto ó tsar morto, os corpos foron soterrados no campo. Durante longo tempo creuse que os cadáveres de Nicolao e a súa familia foron colocados nun pozo mineiro, coñecido como Catro Irmáns. Logo, comprobouse que realmente foran soterrados alí a noite do 16 de xullo. Cando os rumores da morte do tsar chegaron a Ekaterinburgo, Iurovski ordenou rescatar os cadáveres e soterralos noutro lugar. Ao avariarse o vehículo que transportou os corpos, improvisouse e enterrouse a maioría dos corpos nunha mina oculta e selada no camiño Koptyaki a 20 quilómetros de Ekaterinburgo.

Todas as instrucións seguidas por Iurovski, foron emitidas polo Soviet dos Urais, que á súa vez as recibira de Iakov Sverdlov, dirixente do Soviet Central e amigo de Lenin. Tres días despois do asasinato dos Romanov, Iurovski reportou persoalmente a Lenin os sucesos daquela noite foi recompensado cun nomeamento na cheka de Moscova.

Despois da guerra civil rusaEditar

Ocupou unha serie de postos económicos e no partido, morrendo no hospital do Kremlin en 1938 aos 60 anos. Antes da súa morte, doou as pistolas que usou a noite do 16 de xullo de 1918 ao museo da revolución de Moscova[2] e deixou tres valiosas, aínda que contraditorias, versións dos feitos. Nunca expresou remordementos polos asasinatos.[3] No seu lugar lembraba, nunha última carta aos seus fillos pouco antes da súa morte, a súa carreira revolucionaria e como "a tormenta de Outubro tróuxolle o seu lado máis brillante", converténdoo no "máis feliz dos mortais".[4] Tanto el como o seu asistente Nikulin, quen morreu en 1964, foron soterrados no cemiterio de Novodevichii en Moscova.[5] O seu fillo, Aleksandr Iurovski, entregou voluntariamente as memorias do seu pai aos arqueólogos aficionados Avdonin e Ryabov en 1978.[6]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Rappaport, Helen. The Last Days of the Romanovs: Tragedy at Ekaterinburg. ISBN 0-312-37976-5, ISBN 978-0-312-37976-6. New York: St. Martin's Press, 2009. p. 32.
  2. Slater 2007, p. 53.
  3. Pringle 2015, p. 261.
  4. Rappaport 2010, p. 216.
  5. Radzinsky 1992, p. 430.
  6. Massie 2012, p. 28.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Massie, Robert K. (2012). The Romanovs: The Final Chapter. Random House. ISBN 0345406400. 
  • Pringle, Robert W. (2015). Historical Dictionary of Russian and Soviet Intelligence. Rowman & Littlefield. ISBN 978-1-4422-5318-6.  (e-book)
  • Radzinsky, Edvard (1992). The last Tsar: the life and death of Nicholas II. Random House. ISBN 978-0385469623. 
  • Rappaport, Helen (2010). The Last Days of the Romanovs: Tragedy at Ekaterinburg. St. Martin's Griffin. ISBN 978-0312603472. 
  • Slater, Wendy (2007). The many deaths of tsar Nicholas II: relics, remains and the Romanovs. Routledge. ISBN 978-0415427975. 

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar