Manat acerbaixano

unidade monetaria de Acerbaixán
Para a moeda de Turkmenistán, véxase Manat turcomán.

Manat acerbaixano
'Azərbaycan manatı en azarí
Serie de moedas do
manat acerbaixano

Billete dun
manat acerbaixano

Código:AZN
Ámbito: Acerbaixán
Símbolo:₼, m, man
Fracción:100 qəpik
Moedas:1, 3, 5, 10, 20 e 50 qəpik.
Billetes:1, 5, 10, 20, 50, 100, 200 manat.
Emisor:Banco Central da República de Acerbaixán.
Taxa de troco:
20-4-2020 [1]
1 EUR = 1,84 AZN
1 USD = 1,7 AZN
Troco actual

O manat acerbaixano (código: AZN; símbolo: ₼) é a unidade monetaria de Acerbaixán desde 2006.

O seu código ISO 4217 é AZN desde o 1 de xaneiro de 2006, e ata esa data era AZM) e como símbolo escolleuse unha especie de letra m estilizada (úsase tamén "m" ou "man").

Subdivídese e 100 qəpik como moeda divisionaria, fracción que non se utilizou entre 1993 e 2005 por mor da forte inflación, mais que se introduciu novamente o 1 de xaneiro de 2006.[2][3]

Etimoloxía editar

O termo manat tomouse do persa munāt e do ruso Монета, vocábulos que en ambos os casos proceden da palabra latina moneta, de onde deriva tamén a nosa "moeda". Manat foi, así mesmo, a palabra coa que se designou o rublo soviético tanto na lingua azarí como na turcomá.[3][4]

Primeiro manat (1919-1923) editar

A República Democrática de Acerbaixán e a súa sucesora, a República Socialista Soviética de Acerbaixán, emitiron a súa propia moeda entre 1919 e 1923. Esa primeira unidade monetaria recibiu o nome de manat (منات) en azarí e de rublo (рубль) en ruso, e nos billetes a denominación da moeda aparecía en ambos os idiomas e, nalgúns casos, tamén en francés. O manat substituíu o primeiro rublo transcaucásico á par e foi, pola súa vez, substituído polo segundo rublo transcaucásico, logo de que Acerbaixán se convertese en parte da República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica. Non se emitiron subdivisións e o manat, nesta etapa, só se emitiu en forma de billete.[5]

 
Billete de 100 manats acerbaixanos (rublos) de 1921

Billetes editar

A República Democrática de Acerbaixán emitiu billetes cos valores nominais de 25, 50, 100, 250 e 500 manats, en tanto que a República Socialista Soviética de Acerbaixán puxo en circulación billetes de 5, 100, 1.000, 5.000, 10.000, 25.000, 50.000, 100.000, 250.000, 1 millón e 5 millóns de manats.[5]

Segundo manat (1992-2006) editar

O segundo manat foi introducido o 15 de agosto 1992. O seu código ISO 4217 era AZM e instituíuse en substitución do rublo soviético, cunha taxa de cambio de 10 rublos por 1 manat.[6]

Desde principios de 2002 ata principios de 2005, o tipo de cambio mantívose bastante estable, e só variou dentro dunha banda de 4.770 a 4.990 manats por dólar. Mais a partir da primavera de 2005 comezou a producirse un lixeiro pero constante incremento do valor do manat fronte ao dólar; a razón máis probable foi o aumento do fluxo de Petrodólares cara ao país, xunto co prezo xeralmente alto do petróleo no mercado mundial. A finais de 2005, un dólar valía 4.591 manats. En consecuencia, os billetes de menos de 100 manats desapareceran da circulación en 2005, do mesmo xeito que socedera xa anos antes coas moedas divisionarias expresadas en qəpik.[6]

Moedas editar

Correspondentes a esta segunda época do manat emitíronse moedas divisionarias con valores de 5, 10, 20 e 50 qəpik, datadas en 1992 e en 1993. Aínda que se utilizou o níquel e o latón para algunha destas cuñaxes en 1992 (e, nalgúns casos, en 1993), as derradeiras emisións foron en aluminio. Estas moedas tiveron moi pouca circulación.

Imaxe Valor Metal Diámetro Grosor Peso Ano
  5 qəpik [7] Bronce 17 1,35 2,40 1992
  5 qəpik [8] Aluminio 17,1 1,5 0,85 1993
  10 qəpik [9] Aluminio 18,6 1,6 1,01 1992
  20 qəpik [10] Bronce 20 1,45 3,23 1992
  20 qəpik [11] Aluminio 20,1 1,5 1,15 1992

1993

  50 qəpik [12] Níquel 23 1,5 5,2 1992
  50 qəpik [13] Aluminio 23 1,6 1,45 1992

1993

Billetes editar

Estes son os billetes emitidos durante a segunda etapa do manat acerbaixano.[14]

Imaxe Valor nominal Dimensión Cor Descrición Emisión
Anverso Reverso Anverso Reverso
 
 
1 manat [15] 125 × 63 mm Gris/rosa Torre da Doncela (Bakú) Ornamentos 1992
 
 
1 manat [16] 125 × 63 mm Azul/amarelo Torre da Doncela (Bakú) Ornamentos 1993
 
 
5 manat [17] 125 × 63 mm Rosa/gris Torre da Doncela (Bakú) Ornamentos 1993
 
 
10 manat [18] 125 × 63 mm Verde Torre da Doncela (Bakú) Ornamentos 1992
 
 
10 manat [19] 125 × 63 mm Gris Torre da Doncela (Bakú) Ornamentos 1993
 
 
50 manat [20] 125 × 63 mm Vermello Torre da Doncela (Bakú) Ornamentos 1993
 
 
100 manat [21] 125 × 63 mm Vermello/azul Torre da Doncela (Bakú) Ornamentos 1993
 
 
250 manat [22] 125 × 63 mm Azul Torre da Doncela (Bakú) Ornamentos 1992
centro|120x120px
 
500 manat [23] 125 × 63 mm Marrón/amarelo Nezamí Ganyabí Ornamentos 1993
 
 
1.000 manat [24] 125 × 63 mm Marrón/azul Mammed Amin Rasulzade Ornamentos 1993
 
 
1.000 manat [25] 125 × 63 mm Azul Refinaría Ornamentos 2001
 
 
10.000 manat [26] 130 × 63 mm Granate Palacio dos Shirvanshah Ornamentos 1994
 
 
50.000 manat [27] 132 × 66 mm Azul Mausoleo de Momine Khatum Ornamentos 1995

Terceiro manat (desde 2006) editar

O 1 de xaneiro de 2006 implantouse unha nova xeración do manat, con código ISO 4217 e que se coñece como "manat moeda nacional". A taxa de cambio co anterior manat foi dun dos novos por 5.000 dos antigos. A partir do 1 de outubro de 2005, os prezos xa se indicaban en ambas as moedas, para lle facilitar a transición á poboación. Coa nova moeda reintroducíronse no sistema as moedas con valores expresados en qəpik, que desapareceran da circulación xa en 1993, por mor da inflación.[3][28]

Símbolo editar

 
Símbolo do manat acerbaixano

Tanto os novos billetes desta etapa do manat acerbaixano como o seu símbolo (₼) foron deseñados en 2006 por Robert Kalina, o deseñador austríaco que se encargou tamén da creación da primeira serie de billetes de euro. O símbolo engadiuse ao estándar Unicode (U+20BC) en 2013, logo dalgunhas tentativas sen éxito en 2008 e en 2011.[29] O símbolo inspirouse no do euro (€), baseado nunha proposta inicial de Mykyta Yevstifeyev, e lembra este símbolo xirado 90º en sentido horario.[3][30]

Moedas editar

As moedas en circulación son as de 1, 3, 5, 10, 20 e 50 qəpik. A maioría delas lembran, tanto no deseño como no seu tamaño, as moedas do euro, en particular a moeda bimetálica de 50 qəpik (similar á de 2 euros) e a de 10 qəpik (cun deseño coñecido como "flor española", similar á de 20 céntimos de euro). As moedas puxéronse en circulación en xaneiro de 2006 e non amosan o ano de cuñaxe nin de emisión.[3][31]

Imaxe Valor nominal Parámetros técnicos Descrición
Anverso Reverso Diámetro Peso Aliaxe Canto Anverso Reverso
 
 
1 qəpik 16,25 mm 2,8 g Aceiro con baño de cobre. Liso. Mapa de Acerbaixán, nome do país e valor. Instrumentos musicais tradicionais e valor.
 
 
3 qəpik 18 mm 3,45 g Liso con fenda. Libros e pluma, e valor.
 
 
5 qəpik 19,75 mm 4,85 g Estriado. Torre da Doncela (Bakú) e valor.
 
 
10 qəpik 22,25 mm 5,1 g Aceiro bañado de latón. Liso con sete amosegas ("flor española"). Casco antigo de Nagorno-Karabakh e valor.
 
 
20 qəpik 24,25 mm 6,6 g Estriado a segmentos. Escaleira, símbolos xeométricos e valor.
 
 
50 qəpik 25,5 mm 7,7 g Centro: aceiro bañado en latón. Aro: aceiro inoxidable. Estriado con lenda: AZƏRBAYCAN RESPUBLIKASI Pozos petrolíferos e valor.

Billetes editar

Os billetes postos en circulación teñen os valores de 1, 5, 10, 20, 50, 100 e 200 manats. O seu deseñador, Robert Kalina, é autor non só destes billetes e dos do euro, senón doutros correspondentes aos sistemas da libra siria, o marco convertible bosníaco ou o antigo xilin austríaco. Os billetes teñen certas semellanzas cos do euro e os criterios de elección dos seus motivos inspiráronse nos dos billetes da Eurozona.[3][32]

En 2009 o Banco Nacional de Acerbaixán (Azərbaycan Milli Bankı) cambiou o seu nome polo de Banco Central da República de Acerbaixán (Azərbaycan Respublikasının Mərkəzi Bankı). En 2010 emitiuse o billete dun manat que xa reproducía esta nova denominación do banco emisor, ao que se lle sumou en 2012 o de 5 manats. En 2017 emitiuse un billete de 100 manats que, datado en 2013, aínda que coa nova denominación do banco emisor.[3]

En 2011 o Ministerio de Facenda de Acerbaixán anunciou que estaba a considerar a emisión de billetes con valores de 2 e de 3 manats, así como outros con valores superiores ao de 100 manats.[33] En febreiro de 2013, o Banco Central da República de Acerbaixán anunciou a posta en circulación de billetes dun valor máis alto que o dos existentes.[34] Non foi ata 2018 cando se introduciu o novo billete de 200 manats, conmemorativo do 95 aniversario do expresidente acerbaixano Heydər Əliyev.[3][35]

Imaxe Valor nominal Dimensión Cor Descrición Emisión
Anverso Reverso Anverso Reverso
 
 
1 manat [36] 120 × 70 mm Gris Instrumentos musicais tradicionais. Mapas e ornamentos. 2005

2009

2017

 
 
5 manat [37] 120 × 70 mm Laranxa Escritores e libros acerbaixanos e extracto do himno nacional. Mapas e ornamentos. Debuxos rupestres ce Gobustan. 2005

2009

2017

 
 
10 manat [38] 134 × 70 mm Verde azulado Representación do antigo Bakú Mapas e ornamentos. 2005

2018

 
 
20 manat [39] 141 × 70 mm Verde Símbolos de poder: espada, casco e escudo. Mapas e ornamentos. Símbolo da paz (harybulbul) 2005
 
 
50 manat [40] 148 × 70 mm Amarelo Xuventude e símbolos de progreso, coñecemento e ciencia. Mapas e ornamentos. 2005
 
 
100 manat [41] 155 × 70 mm Violeta Padróns arquitectónicos desde a Antigüidade e símbolo ₼. Mapas e ornamentos 2005

2013

 
 
200 manat [42] 160 × 70 mm Azul Arquitectura moderna: centro Heydar Aliyev (Bakú). Mapas e ornamentos 2018

Notas editar

  1. Sitio web do Banco Central da República de Acerbaixán
  2. "Currency in circulation". Central Bank of the Republic of Azerbaijan.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Azerbaijan Manat Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". Museum.tujue.eu
  4. "Manat". Merriam-Webster Dictionary.
  5. 5,0 5,1 "History of national currency". Central Bank of the Republic of Azerbaijan.
  6. 6,0 6,1 "Currency withdrawn from circulation". Central Bank of the republic of Azerbaijan.
  7. "5 Qəpik". Numista.
  8. "5 Qəpik". Numista.
  9. "10 Qəpik". Numista.
  10. "20 Qəpik". Numista.
  11. "20 Qəpik". Numista.
  12. "50 Qəpik". Numista.
  13. "50 Qəpik". Numista.
  14. "AZE Republic of Azerbaijan". Banknoter.com
  15. "1 MANAT FROM 1992". RealBanknotes.com
  16. "1 MANAT FROM 1993".RealBanknotes.com
  17. "5 MANAT FROM 1993".RealBanknotes.com
  18. "10 MANAT FROM 1992". RealBanknotes.com
  19. "10 MANAT FROM 1993". RealBanknotes.com
  20. "50 MANAT FROM 1993". RealBanknotes.com
  21. "100 MANAT FROM 1993". RealBanknotes.com
  22. "250 MANAT FROM 1992". RealBanknotes.com
  23. "500 MANAT FROM 1993". RealBanknotes.com
  24. "1.000 MANAT FROM 1993". RealBanknotes.com
  25. "1.000 MANAT FROM 2001". RealBanknotes.com
  26. "10.000 MANAT FROM 1994". RealBanknotes.com
  27. "50.000 MANAT FROM 1994". RealBanknotes.com
  28. "Currency codes". Publications.europa.eu
  29. "Unicode Character 'MANAT SIGN' (U+20BC)". File.Format.Info
  30. "Proposal to add the currency sign for the Azerbaijani Manat to the UCS Arquivado 17 de maio de 2017 en Wayback Machine.". International Organization for Standardization.
  31. "Currency in circulation: Coins". Central Bank of the Republic of Azerbaijan.
  32. "Currency in circulation: Banknotes Arquivado 05 de decembro de 2020 en Wayback Machine.". Central Bank of the Republic of Azerbaijan.
  33. "В Азербайджане предлагается ввести банкноты мелкого номинала". En Trend. News Agency.
  34. "Центробанк Азербайджана отказался от выпуска в 2013 году банкнот крупного номинала". En Trend. News Agency.
  35. "Central Bank presents new currency". Central Bank of the Republic of Azerbaijan.
  36. "1 MANAT FROM 2017". RealBanknotes.com
  37. "5 MANAT FROM 2017". RealBanknotes.com
  38. "10 MANAT FROM 2018". RealBanknotes.com
  39. "20 MANAT FROM 2005". RealBanknotes.com
  40. "50 MANAT FROM 2005". RealBanknotes.com
  41. "100 MANAT FROM 2013". RealBanknotes.com
  42. "200 MANAT FROM 2018". RealBanknotes.com

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar