Rublo de Transnistria

Rublo de Transnistria
рублэ транснистрянэ (en moldavo)
приднестровский рубль (en ruso)
придністровський рубль (en ucraníno)
Monedas Rublo de Transnistria.jpg
Código:Ningún, empregábase PRB
Ámbito:Transnistria State Flag.svg Transnistria
Símbolo:p.
Fracción:100 Kopeks
Moedas:5, 10, 25, 50 Kopeks
Billetes:1, 5, 10, 25, 50, 100, 200, 500 rublos
Emisor:Trans-Dniester Republican Bank
Taxa de troco:
13-03-2011
1 EUR = 14.0760 rublos [1]
1 USD = 10.2000 rublos
empregábase PRB&submit=Convertir Troco actual

O rublo é a moeda oficial de Transnistria. Divídese en 100 kopeks. Dado que Transnistria é un estado non recoñecido internacionalmente, a súa moeda non ten código ISO 4217. Porén, de xeito non oficial, algunhas organizacións empregan PRB como ISO 4217.

Anteriormente, os habitantes de Transnistria chamaban á súa moeda suvoriki (суворики), xa que en tódolos rublos dos anos 1993 - 94 estaba representado Aleksandr Suvórov.

HistoriaEditar

O proceso de transición cara a súa propia moeda foi moi complicado. Ao principio como moeda legal empregábanse os billetes da Unión Soviética e a Federación Rusa dos anos 1961 a 1992 cun selo especial en forma dun retrato de Aleksandr Suvórov.

O 17 de agosto de 1994 foron introducidos na circulación os primeiros rublos de Transnistria.

O 18 de novembro do 2005, na cidade de Tiráspol foi inaugurada a Casa de Moeda de Transnistria. Ata daquela as moedas e billetes cuñábanse e imprimíanse no estranxeiro.

O primeiro rublo (1994)Editar

O Trans-Dniester Republican Bank (Banco Republicano de Transnistria, Приднестровский Республиканский Банк, Pridniestrovski Respublikanski Bank) introduciu o primeiro rublo en 1994. Esta moeda consistía en antigos billetes soviéticos e rusos datados entre 1961 e 1992 cun selo especial adherido. Estes billetes foron substituídos por billetes rusos á par.

O segundo rublo (1994-2000)Editar

Ao principio substituíronse os primeiros rublos de 1994 cunha taxa de troco de 1 novo rublo = 1.000 rublos antigos. A moeda compúñase nada máis que de billetes debido á alta inflación, facendo que fora preciso estampar denominacións maiores nas denominacións en curso. Aínda que se imprimiron en 1994, algúns billetes (de 50 a 5.000 rublos) imprimíronse en 1993.

O terceiro rublo (a partir de 2000)Editar

No 2000 introduciuse un novo rublo cunha taxa de troco de 1 novo rublo = 1.000.000 rublos antigos. Esta moeda xa incluía, tanto pezas metálicas como billetes.

MoedasEditar

As moedas cuñadas son de denominacións de 1, 5, 10, 25 e 50 kopeks. A moeda dun kopek deixou de circular o 1 de xaneiro do 2009.

Denominación Emisión Metal Canto Diámetro
(mm.)
Peso
(gr.)
Anverso Reverso
1 Kopek 2000- Al Liso 16,00 0,60
Escudo de armas
ПРИДНЕСТРОВСКАЯ МОЛДАВСКАЯ РЕСПУБЛИКА
ano de cuñaxe
Valor facial
1 КОПЕЙКА
Espigas de Trigo
5 Kopeks 2000- Al Liso 18,00 0,80
Escudo de armas
ПРИДНЕСТРОВСКАЯ МОЛДАВСКАЯ РЕСПУБЛИКА
ano de cuñaxe
Valor facial
5 КОПЕЕК
Espigas de Trigo
10 Kopeks 2000- Al Liso 20,00 1,00
Escudo de armas
ПРИДНЕСТРОВСКАЯ МОЛДАВСКАЯ РЕСПУБЛИКА
ano de cuñaxe
Valor facial
10 КОПЕЕК
Espigas de Trigo
25 Kopeks 2002- Cu+Ni+Zn 17,00 2,20
Escudo de armas
ПРИДНЕСТРОВСКАЯ МОЛДАВСКАЯ РЕСПУБЛИКА
ano de cuñaxe
Valor facial
25 КОПЕЕК
Loureiro estilizado
50 Kopeks 2000- Cu+Ni+Zn 19,00 2,80
Escudo de armas
ПРИДНЕСТРОВСКАЯ МОЛДАВСКАЯ РЕСПУБЛИКА
ano de cuñaxe
Valor facial
50 КОПЕЕК
Loureiro estilizado

BilletesEditar

Series de 1994Editar

Series de 1994
Denominación Efixie Cor predominante Imaxe do anverso Imaxe do reverso
1 Rublo Aleksandr Suvórov Verde    
5 Rublos Aleksandr Suvórov Azul    
10 Rublos Aleksandr Suvórov Vermello

Series de 2000Editar

Series de 2000-2006
Denominación Efixie Cor predominante Dimensións Imaxe do anverso Imaxe do reverso
1 Rublo Aleksandr Suvórov Laranxa 56 x 129    
5 Rublos Aleksandr Suvórov Azul 56 x 129    
10 Rublos Aleksandr Suvórov Marrón 56 x 129    
25 Rublos Aleksandr Suvórov Vermello 56 x 129    
50 Rublos Taras Shevchenko Verde 60 x 129    
100 Rublos Dimitrie Cantemir Violeta 60 x 129    
200 Rublos Pyotr Rumyantsev Marrón 64 x 135    
500 Rublos Catarina II de Rusia Verde 68 x 140    

Series de 2007Editar

Series de 2007-
Denominación Efixie Cor predominante Dimensións Imaxe do anverso Imaxe do reverso
1 Rublo Aleksandr Suvórov Laranxa    
5 Rublos Aleksandr Suvórov Azul    
10 Rublos Aleksandr Suvórov Marrón    
25 Rublos Aleksandr Suvórov Vermello    
50 Rublos Taras Shevchenko Verde    
100 Rublos Dimitrie Cantemir Violeta    

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar