Ichthyaetus

xénero de aves

Ichthyaetus é un xénero de aves acuáticas da orde dos caradriformes, suborde dos laros e familia dos láridos.

Compfrende seis especies que se distribúen en partes de Europa, Asia e África.

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

O xénero foi descrito en 1829 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup,[1] na súa obra Skizze zur Entwickelungsgeschichte der europäischen Thierwelt.[2]

EtimoloxíaEditar

O nome científico Ichthyaetus está formado pola unión dos elementos do latín científico ichthy- e -aetos, tirados das voces do grego antigo ἰχθύς ichthýs, "peixe", e ἀετός aetós, "aguia".[3]

Nota taxonómicaEditar

Durante moito tempo a maioría das gaivotas situáronse neste xénero, entre elas as que se integran hoxe no xénero Ichthyaetus , incluso ao longo do século XX.[4][5] Este sistema predominou até principios do século XXI: nos anos 2005-2007 coñeceuse que esta agrupación era polifilética.

En 2005 un estudo de filoxenia molecular realizado por primeira vez sobre todas as especies recoñecidas de gaivotas (53 especies) demostrou que o xénero Larus así concibido non era monofilético.[6] Confirmando as conclusións de dous estudos anteriores, un sobre morfoloxía,[7] e o outro sobre caracteres moleculares,[8] avogaron pola disociación de Larus en seis xéneros:[6]

Algunhas destas recomendacións foron inmediatamente aceptadas pola comunidade científica internacional.[9][10]

Até comenzos do século XXI as hoxe recoñecidas como súas especies incluíanse no xénero Larus como subxéneros, pero en 2005 propúxose que varios dos subxéneros que compoñían Larus foran ascendidos á categoría de xéneros válidos,[6] proposta que foi aceptada polo Congreso Ornitolóxico Internacional.

EspeciesEditar

Na acualidade recoñécense no xénero as seguites seis especies:[1][11]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Ichthyaetus Kaup, 1829 no ITIS.
  2. Ichthyaetus en Wikispecies.
  3. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 224. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  4. Dwight, J. (1925): "The Gulls of the World". Bulletin of the American Museum of Natural History 52: 63-401.
  5. Moynihan, M. (1959): "A revision of the family Laridae (Aves)". American Museum Novitates 1928: 1–42.
  6. 6,0 6,1 6,2 Pons, J. M., Hassanin, A. & Crochet, P. A. (2005): "Phylogenetic relationships within the Laridae (Charadriiformes: Aves) inferred from mitochondrial markers". Molecular phylogenetics and evolution 37 (3): 686-699.
  7. Chu, Philip C. (1998). "A Phylogeny of the Gulls (Aves: Larinae) Inferred from Osteological and Integumentary Characters". Cladistics (en inglés) 14 (1): 1–43. ISSN 1096-0031. doi:10.1111/j.1096-0031.1998.tb00202.x. 
  8. Crochet; Bonhomme; Lebreton (2000). "Molecular phylogeny and plumage evolution in gulls (Larini)". Journal of Evolutionary Biology (en inglés) 13 (1): 47–57. ISSN 1420-9101. doi:10.1046/j.1420-9101.2000.00135.x. 
  9. Sangster, G, Collinson, J. M., Knox, A. G., Parkin, D. T. & Svensson, L. (2007): "Taxonomic recommendations for British birds: Fourth report". Ibis 149 (4): 853– 857.
  10. Banks, R. C., Chesser, R. T., Cicero, C., Dunn, J. L., Kratter, A. W., Lovette, I. J., Rasmussen, P. C., Remsen, J. V. Jr., Rising, J. D., Stotz, D. F. & Winker, K. (2008): "Forty-ninth supplement to the American Ornithologists’ Union check-list of North Americancan birds" The Auk 125 (3): 758–768.
  11. Ver Ichthyaetos en "Familiy Laridae", na IOC World Bird List. Versión 9.2, 2019. Consultada o 8 de decembro de 2019.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar