Parque Nacional Mariño de Alonissos
O Parque Nacional Mariño de Alonissos atópase nas Illas Espóradas, en Grecia. Concretamente nas coñecidas coma Espóradas do Norte.
Datos de interese
editarO Parque Nacional creouse no 1992, contando con 220.000 hectáreas de protección. O seu obxectivo principal era a supervivencia dun dos mamíferos máis ameazados do planeta: a foca monxe.
Flora e Fauna
editarAdemais da foca monxe, existen outras especies de gran valor ecolóxico, coma a gaivota de Audouin, o corvo mariño cristado, o falcón da raíña, a tartaruga marxinada (testudo marginata) e nos fondos mariños, o coral vermello (corallium rubrum). Tamén existen importantes poboacións de posidonia oceánica. En terra, os piñeiros, a aciñeira, o érbedo e o lentisco son as especies predominantes.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional Mariño de Alonissos |
Ligazóns externas
editar- Web do parque (en inglés).