Foca monxe

especie da familia dos fócidos

A foca monxe[2] (Monachus monachus) é unha especie pertencente á familia dos fócidos.

Foca monxe
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Pinnipedia
Familia: Phocidae
Xénero: Monachus
Especie: M. monachus
Nome binomial
Monachus monachus
(Hermann, 1779)
Distribución da Foca monxe.
Distribución da Foca monxe.

Distribución da Foca monxe.

Características editar

Os machos poden acadar os 3,40 metros de lonxitude, namentres as femias non pasan dos 2,50 metros. O lombo é escuro, sendo a parte ventral máis pálida. Non ten orellas e posúe unhas unllas fortes nas aletas dianteiras. Habita en costas e areais do mar Mediterráneo, en lugares de difícil acceso. É unha especie diúrna, sedentaria, que vive en pequenas colonias. Aliméntase de peixes, luras e crustáceos.

Distribución editar

Antigamente estendíase por todo o mar Mediterráneo e o mar Negro. Tamén estaba presente nas costas atlánticas de Marrocos, chegando ata as Illas Canarias e Madeira. A comezos do século XXI só sobreviven uns 500 exemplares. Trátase dunha especie en grave risco de extinción.

Notas editar

  1. Karamanlidis, A. & Dendrinos, P. (2015). "Monachus monachus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2015: e.T13653A45227543. Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  2. "Achan probas do regreso da foca monxe á costa de Mallorca". La Opinión. 26 de febreiro de 2023. Consultado o 27 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.