Ulises

heroe mitolóxico grego da guerra de Troia
(Redirección desde «Odiseo»)
Para o cráter lunar, véxase Odiseo (cráter).
Para a novela de James Joyce, véxase Ulises (novela).

Ulises ou Odiseo é un personaxe da literatura grega que aparece nas obras de Homero A Ilíada e, sobre todo, A Odisea, da que é o personaxe principal. É rei de Ítaca.

Ulises e Penélope.

Historia

editar

Odiseo (na Grecia) ou Ulises (en Roma) é unha figura á parte en Troia. É un dos máis ardidos guerreiros de toda a epopea grega en Troia, e mesmo despois dela, cando retorna da súa longa viaxe ao seu reino, Ítaca, unha das numerosas illas gregas.

Heroe grego, Odiseo era rei de Ítaca e fillo de Laertes. Ao principio, cortexou a Helena[1], mais, en vista do gran número de pretendentes, acabou por auxiliar a Tíndaro, pai adoptivo de Helena, na escolla do pretendente. Esa escolla recaeu sobre Menelao, e daquela o de Ítaca casou con Penélope. De aí a amizade existente entre Menelao, seu irmán Agamenón, e Odiseo.

Da unión con Penélope naceu Telémaco, o seu querido fillo, do cal tivo de se apartar moi cedo para loitar ao lado doutros nobres gregos en Troia. Foi un dos elementos máis activos no cerco de Troia, no cal destacou principalmente pola súa prudencia e astucia.

Na guerra de Troia

editar

Durante a citada guerra, moitas batallas os gregos venceron baixo o consello de Ulises, sendo este mesmo un grande guerreiro, a pesar da súa baixa estatura (algunhas lendas dicían mesmo que era anano). Tentou en van convencer a Aquiles para cesar a súa ira contra Agamenón, ao lado de Áiax, fillo de Telamón e de Fénix, mais sen obter éxito.

Unha das súas máis famosas estrataxemas foi a construción dun cabalo de madeira, que permitiu a entrada dos exércitos gregos na cidade.

A volta a Ítaca

editar
 
O naufraxio de Ulises.

Após a derrota dos troianos, iniciou unha viaxe de dez anos de volta para Ítaca, onde a súa muller, Penélope, o espera cunha fidelidade obstinada, a pesar da demora. Esa viaxe mereceu a creación por Homero do poema épico A Odisea, no cal se narran as aventuras e desventuras de Odiseo e a súa tripulación desde que deixan Troia, algunhas causadas por eles e outras grazas á intervención dos deuses.

Cando cegaron o ciclope Polifemo espertaron a ira de Poseidón, que os atormentou por anos. Despois, aínda tentando volver para Ítaca, acabou indo para a illa de Calipso, unha muller que o aprisionou na súa illa durante anos e non o soltaría de alá até que el casase con ela. Porén, el non aceptou, e ficou varios anos na illa até que conseguiu fuxir.

Coa axuda de Zeus e doutros deuses, Odiseo chegou á casa só, e encontrou a súa esposa Penélope importunada por pretendentes. Disfrazado como mendigo, primeiro verificou se Penélope lle era fiel e, enseguida, matou os pretendentes á súa sucesión, limpando o palacio. Con iso, iniciouse unha batalla final contra as familias dos homes mortos, mais a paz foi restaurada por Atenea.

Ulises na literatura contemporánea

editar

O mito de Ulises foi reinterpretado en obras da literatura contemporánea, como Ulises (James Joyce, 1922), El retorno de Ulises (Torrente Ballester, 1946) ou Las mocedades de Ulises (Álvaro Cunqueiro, 1960).

  1. Pseudo-Apolodoro, Bibliotheca 3.10.8

Ligazóns externas

editar