Cola (zooloxía)
A cola ou rabo é o extremo posterior do corpo dun animal, especialmente cando este forma un apéndice flexíbel e distinguíbel do tronco.

As colas son casa exclusivas dos vertebrados; porén, algúns invertebrados teñen apéndices similares a colas, como os escorpións ou os colémbolos.
FunciónEditar
As colas desempeñan diversas funcións nos animais. Os peixes e outras formas de vida mariña úsanas para a locomoción, mentres que algúns animais terrestres empréganas para manteren o equilibrio (por exemplo, os gatos) e incluso para suxeitárense (por exemplo, moitos primate).
Pódense usar tamén para facer sinaies sociais, como os cérvidos para indicar un posíbel perigo. E por diferentes tendencias evolutivas chegouse a que se orixinaran colas coas que se pode atacar, algunhas delas con veleno, como ocorre nos escorpións.
Algúns lagartos poden desprenderse da cola, cando é necesario, co obxectivo de escapar dun depredador distraéndoo o tempo suficiente para fuxir. Xeralmente a cola volve a crecer co tempo (case sempre coa cor máis escura que a orixinal).
Na maioría das aves a cola está formada por plumas de maior lonxitude que outras do corpo; a súa función é actuar como "temón" para balancear e guiar ao animal no voo, e para axudar ao equilibrio cando pousa nas ramas.
Nalgúns mamíferos, como nos monos araña ou nalgunhas sarigüeias, a cola ten capacidade prénsil.
A cola nos humanosEditar
Os embrións humanos teñen unha cola que mide cerca dun sexto do tamaño do propio embrión.[1] Conforme este se trtansforma en feto, a cola é absorbida polo corpo en crecemento. Esta cola é, polo tanto, unha estrutura vestixial dos humanos; un atavismo.[2][3]
En raras ocasións nacen nenos con "colas brandas" que non conteñen vértebras, só vasos sanguíneos, músculos e nervios; porén existen pouquísimos casos documentados de colas con cartilaxes ou até con cinco vértebras.[4] Actualmente os médicos poden eliminar estas colas no momento do nacemento.
A cola humana máis longa da que se teña rexistro pertencía a un rapaz de doce anos na daquela Indochina Francesa, e medía 229 mm.[Cómpre referencia] Coñécese tamén o caso dun hindú chamado Chandre Oram, que se fixo famoso pola súa longa cola; crese, porén, que non era unha cola verdadeira senón un caso de espiña bífida.[Cómpre referencia]
Os seres humanos teñen un óso caudal (o cóccix) articulado á pelve, no mesmo lugar onde outros mamíferos teñen a cola. Este óso está formado por vértebras fusionadas (de tres a cinco, usualmente catro), ao final da columna vertebral e non sobresae externamente, aínda que si conserva un propósito anatómico: servir de sostemento para músculos (como o glúteo maior).
Galería de colasEditar
León (Panthera leo)
Porco (Sus domestica)
Cebra de Grévy (Equus grevyi)
Hipopótamo (Hippopotamus amphibius)
Mono araña de cabeza negra (Ateles fusciceps)
Pavón (Pavo cristatus)
Aligátor do Mississippi (Alligator mississipiensis)
Lactoria cornuta (no Aquarium Finisterrae)
Gliptodonte (Glyptodon asper)
NotasEditar
- ↑ "Human fetuses have tails, proving that evolution is true". The Free Lance-Star. 5 de xullo de 2005. Arquivado dende o orixinal o 11/07/2012. Consultado o 23/11/2012.
- ↑ "Human tail–caudal appendage: tethered cord". Journal of Perinatology 28: 518-519 (July 2008). doi:10.1038/jp.2008.39. Consultado o 23/11/2012
- ↑ "The 'human tail' causing tethered cervical cord". Spinal Cord (2007) 45: 583–585. 14 de novembro de 2006. Consultado o 13/11/2012.
- ↑ Mouied Alashari e Joy Torakawa (2008): True Tail in a Newborn Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine., Pediatric Dermatology 12 (3), pp. 263–266, 2008
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cola |