A illa de Ellesmere (en inglés:Ellesmere Island; en inuit: Umingmak Nuna, que significa "terra de bois almiscleiros[2]) pertence á Rexión Qikiqtaaluk no territorio canadense de Nunavut. Forma parte das illas da Raíña Isabel, con Cabo Columbia que é o punto máis setentrional das illas árticas do Canadá. Comprende unha superficie de 196.235 km² e unha lonxitude total de 830 km. o que a converte na décima maior illa do mundo e a terceira maior illa do Canadá. O sistema montañoso da Cordilleira Ártica cobre gran parte da illa de Ellesmere, converténdoa na máis montañosa do arquipélago ártico canadense. O Salix arctica é a única especie de planta leñosa que crece na illa de Ellesmere.[3]

Ellesmere
Umingmak Nuna
Localización da illa
Situación
País Canadá
Provincias e territorios do CanadáNunavut
ArquipélagoIllas da Raíña Isabel nas Illas Árticas do Canadá
MarOcéano Ártico
Coordenadas80°0′N 79°0′O / 80.000, -79.000
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie196.235 km²
Longura máxima830 km.
Largura máxima645 km.
Perímetro10.748 km[1]
Punto máis alto2.616 m. Barbeau Peak
Demografía
CapitalGrise Fiord (129 hab.)
Poboación191 hab. (2016)

Nela está o pobo máis ao norte do mundo, Alert.

Historia editar

Os primeiros habitantes humanos da illa de Ellesmere foronn pequenas tribos esparcidas pola zona para cazar caribús de Peary, bois almiscleiros e mamíferos mariños ao redor do 2000-1000 a. de C.[4]

Como era o caso dos cazadores Dorset (ou Palaeoesquimós) e os pioneiros neoesquimós, membros das culturas Inuit, Thule tardía, Ruin Island e Post-Ruin Island que tamén se asentaron e utilizaron a Península de Bache tanto no verán como no inverno, ata que as circunstancias ambientais, ecolóxicas e posiblemente sociais fixeron que a zona fose abandonada. Foi a última rexión no Alto Ártico canadense en ser despoboada durante a Pequena Idade de Xeo, o que testemuña a súa importancia económica xeral como parte da esfera cultural do Estreito de Smith, da cal era parte ocasionalmente e outras veces o principal compoñente do asentamento.[5]

Os Viquingos das colonias de Groenlandia alcanzaron a illa de Ellesmere, a illa Skraeling e a illa ruon durante expedicións da caza e negociando cos grupos de Inuit.[5] As infrecuentes estruturas na península Bache poden ser os restos do período tardío dunha casa comunal Dorset.[6]

O primeiro europeo en ver a illa logo da pequena idade de xeo foi William Baffin en 1616. A illa de Ellesmere foi nomeada así en 1852 durante a expedición de Edward Augustus Inglefield na honra do político inglés, Francis Egerton, 1º barón de Ellesmere (1800-57).[7] A expedición estadounidense dirixida por Adolphus Greely en 1881 cruzou a illa de leste a oeste,[8] fundando Forte Conger na parte norte da illa. A expedición de Greely atopou bosques fósiles na illa de Ellesmere a finais de 1880. O fiorodo Stenkul foi explorado por primeira vez en 1902 por Per Schei, membro da 2ª Expedición Polar Noruega de Otto Sverdrup.

A plataforma de xeo de Ellesmere foi documentada pola expedición británica ao ártico de 1875-76, na cal unha travesía de recoñecemento do tenente Pelham Aldrich foi desde Cape Sheridan (82°28′N 61°30′O / 82.467, -61.500 (Cape Sheridan (Ellesmere Island))) en dirección oeste ata Cape Alert (82°16′N 85°33′O / 82.267, -85.550 (Cape Alert (Ellesmere Island))), un percorrido de case 400 km no que recoñeceu tamén a plataforma de xeo Ward Hunt. En 1906 Robert Peary liderou unha expedición no norte da illa Ellesmere, desde o cabo Sheridan ao longo da costa ata o lado occidental do Estreito de Nansen (93° W). Durante a expedición de Peary, a plataforma de xeo era continua. Unha estimación moderna é que cubría 8900 km².[9]

En 2011, Jon Turk e Erik Boomer completaron a primeira circunnavegación coñecida da illa de Ellesmere.[10]

 
Illa de Ellesmere (Nunavut, Canadá).     Nunavut      Territorios do Noroeste     Groenlandia

Poboación editar

En 2016, a poboación da illa de Ellesmere censouse en 191 habitantes. Hai tres asentamentos na illa de Ellesmere, Alert (62 habitantes),[11] Eureka (poboación permanente 0, pero fogar dunha pequena poboación temporal), e Grise Fiord(pob. 129 habitantes).[12] Politicamente, forma parte da Rexión de Qikiqtaaluk.

Canadian Forces Station (CFS) Alert é o asentamento máis setentrional do mundo. Co fin da Guerra Fría e a chegada das novas tecnoloxías que permiten a interpretación remota de datos, a poboación no inverno reduciuse a 62 civís e persoal militar desde 2016.

Eureka, que é o terceiro asentamento máis setentrional do mundo, consiste en tres áreas, "Eureka Aerodrome" que inclúe "Fort Eureka" (os cuarteis para o persoal militar que mantén o equipo de comunicacións da illa), a estación meteorolóxica Environment Canada, e o Laboratorio de Investigación Atmosférica do Medio Ambiente Polar (PEARL), anteriormente o Observatorio do Ozono Estratosférico do Ártico (ASTRO). Eureka ten a temperatura media anual máis baixa e a menor precipitación de calquera estación meteorolóxica no Canadá.

Notas editar

  1. Véxase no The Atlas of Canada, dispoñible en: http://atlas.nrcan.gc.ca/site/english/learningresources/facts/islands.html#artic Arquivado 22 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.
  2. Dick, Lyle (2001). Muskox Land: Ellesmere Island in the Age of Contact. University of Calgary Press. ISBN 1-55238-050-5. 
  3. Ed Kemmick (25 de outubro 2007). "Researcher: Study of poles needed". Billingsgazette.net. Consultado o 25 de outubro de 2007. 
  4. Civilization.ca. "Arctic History". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2008. 
  5. 5,0 5,1 Schledermann, P; McCullough, KM (2003). Late Thule culture developments on the central east coast of Ellesmere Island. Copenhagen, Denmark: Danish Polar Center. 
  6. Schledermann, Peter (maio de 1981). "Eskimo and Viking Finds in the High Arctic". National Geographic 159 (5): 584. 
  7. "Ellesmere Island". The Canadian Encyclopedia Online. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de abril de 2009. 
  8. Dick, Lyle (2001). Muskox Land: Ellesmere Island in the age of contact. University of Calgary Press. p. 631. 
  9. Jeffries, Martin O. (marzo 1986). "Ice Island Calvings and Ice Shelf Changes, Milne Ice Shelf and Ayles Ice Shelf, Ellesmere Island, N.W.T" (PDF). Arctic 39 (1). doi:10.14430/arctic2039. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2017. 
  10. "Odd Couple’s Amazing Trek: 1,500 Arctic Miles by Kayak". The New York Times. 2012-01-18. 
  11. Statistics Canada
  12. Statistics Canada

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar