Nunavut
Nunavut (en inuktitut: ᓄᓇᕗᑦ, A nosa terra), é o maior e máis recente dos Territorios Autónomos do Canadá, situado ao Nordeste do país, entre Groenlandia ao Leste, Manitoba ao Sur, e os Territorios do Noroeste ao Oeste, territorio do que se saíron o 1 de abril de 1999, de acordo cos lindeiros fixados previamente en 1993. As devanditas fronteiras recoñecían a soberanía de Nunavut sobre case todas as illas árticas do Canadá (Ellesmere, Baffin, Devon, Southampton e a metade oriental de illa Victoria e a de Melville), así como sobre a zona costeira central do Canadá sobre o Océano Ártico e todas as illas da Baía de Hudson.
Nunavut ᓄᓇᕗᑦ | |||
---|---|---|---|
| |||
Lema: Nunavut Sannginivut (Inuktitut: Nunavut a nosa forza ou A nosa terra a nosa forza) | |||
Himno: - | |||
Capital • Poboación | Iqaluit 5.234 (2001) | ||
Cidade máis poboada | Iqaluit | ||
Linguas oficiais | Inuktitut, Inuinnaqtun, Inglés, francés | ||
Forma de goberno | - | ||
Ann Meekitjuk Hanson Paul Okalik(Goberno consensuado) | |||
Data | 1 de abril de 1999 | ||
Superficie | Posto xº | ||
• Total | 2,093,190 km² | ||
• % auga | % | ||
Fronteiras | km km | ||
Costas | n/d km | ||
Poboación | Posto xº | ||
• Total | 29,474 hab. | ||
• Densidade | 15 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto Xº | ||
• Total | 1.101 billóns de | ||
• per cápita | $36,400 | ||
Moeda | Dólar canadense (C$, CAD) | ||
IDH (n/d) | n/d (n/dº) – n/d | ||
Xentilicio | n/d | ||
Fuso horario | GMT (UTC-5, UTC-6, UTC-7) | ||
• Horario de verán | - | ||
Prefixo telefónico | n/d | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | CA-NU | ||
Membro de: Non ten | |||
Desde 1996, ano en que se produciron disturbios entre o exército canadense e varios pobos inuit (tamén chamados esquimós), como os oka, ipperwash e nativos de Gusafsen Lake, empezábase a advertir a arela destes pobos inuit por lograr unha maior autonomía para o territorio. Tras a recomendación que facía un informe da Comisión Real do Canadá sobre a conveniencia de conceder maior autonomía aos pobos aborixes do Canadá, esta chegou de forma efectiva a mediados de 1999.
O territorio posúe unha superficie de 2.093.190 km², da cal o 7,5% corresponde a augas interiores. A súa poboación é duns 29.300 habitantes, repartidos en case unha trintena de aldeas ou poboacións menores. Unha delas é Iqaluit, a capital, situada na illa de Baffin, anteriormente denominada Frobisher Bay.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nunavut |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Nunavut Kavamat / Government of Nunavut: Páxina oficial
- Nunavut en Curlie (en inglés)
- Mapa mostrando as rexións de Nunavut (da páxina web do goberno de Nunavut)
- Asemblea Lexislativa de Nunavut
- Comisión de Planificación de Nunavut
- Annual Nunavut Mining Symposium celebrado en abril de cada ano
- Nunavut Tunngavik Inc.: Páxina web de reclamación de terras de Nunavut
- The Nunavut Act of 1993 at Canadian Legal Information Institute
Turismo
- Explore Nunavut: Información sobre viaxes e guías comunitarias Arquivado 01 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
- Parques de Nunavut
- Turismo de Nunavut
Xornalismo
- CBC North Radio: escoita radio en inglés e inuktitut desde Nunavut
- Territorial newspaper reporting in Inuktitut and English, Nunatsiaq News
- Nunavut News from News/North