Territorios do Noroeste
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Territorios do Noroeste (en francés: les Territoires du Nord-Ouest; en inglés: Northwest Territories; en inuktitut: ᓄᓇᑦᓯᐊᖅ) é un dos tres territorios do Canadá. Está localizado na Rexión Norte do país, ten fronteira cos outros dous territorios -atópase ao leste do Yukón e ao oeste de Nunavut-, así como coas tres provincias, atópase ao norte da Columbia Británica, Alberta e Saskatchewan.
Territorios do Noroeste Nunatsiaq (Inuinnaqtun) ᓄᓇᑦᓯᐊᖅ (Inuktitut) | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
![]() | |||
Himno: - | |||
Capital • Poboación | Yellowknife | ||
Cidade máis poboada | Yellowknife | ||
Linguas oficiais | Dene Suline, Cre, Dogrib, inglés, francés, Gwich'in, Inuktitut, Slavey | ||
Forma de goberno | - | ||
• Total | 1.183.085 km² | ||
• % auga | 163.021 (12.11%) | ||
Fronteiras | km km | ||
Costas | n/d km | ||
Poboación | Posto xº | ||
• Total | 42.944 hab. | ||
• Densidade | n/d | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto Xº | ||
Moeda | Dólar canadense | ||
IDH (n/d) | n/d (n/dº) – n/d | ||
Fuso horario | GMT UTC-7 | ||
• Horario de verán | - | ||
Prefixo telefónico | n/d | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | CA-NT | ||
Membro de: Non ten | |||
Historia e características Editar
Ten unha superficie de 1.346.106 km² e unha poboación de 41.464 habitantes segundo e censo de 2006 de Statistics Canada (un aumento do 11,0% con respecto ao censo de 2001, de 37.360 habitantes). A súa capital é Yellowknife desde 1967.
Cabe destacar xeograficamente os grandes lagos do Gran Lago do Oso e o Gran Lago do Escravo, así como o río Mackenzie e os canóns do Parque Nacional Nahanni, un parque cualificado como Área Natural Protexida do Canadá, desde 1972, con 4.765 km², e declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. As illas do territorio no arquipélago ártico canadense inclúen: illa de Banks, illa Borden, illa Prince Patrick, e partes de illa Victoria e illa Melville. O punto máis alto é o monte Nirvana, preto da fronteira co Yukón, cunha elevación de 2.773 msnm (9098 pés).
Todos os territorios e provincias do Canadá formaron parte no pasado dos Territorios do Noroeste, téndose separado entre as décadas de 1870 e de 1990 até adquirir as súas fronteiras actuais. Os propios Territorios do Noroeste eran controladas pola Compañía da Baía de Hudson, que os cedeu ao goberno canadense en 1870. O 1 de abril de 1999, a parte leste do territorio foi separada para erixir o territorio de Nunavut, patria dos inuit.
Os Territorios do Noroeste posúen grandes reservas de recursos naturais como (en galego)s, (en galego) e (en galego), así como (en galego).
Posúe clima boreal de veráns moi breves e invernos longos e extremadamente fríos.
Idiomas oficiais (8) : inglés, francés, Chipewyan, Cre, Dogrib ou Tli Cho, Gwich'in, Inuktitut e Slavey.
Ten 1 cidade, 4 pobos, 4 comunidades, 1 vila, 10 autoridades designadas,10 aldeas e 3 asentamentos
Aklavik,
Bathurst Inlet,
Colville Lake,
Deline,
Detah,
Enterprise,
Fort Good Hope,
Fort Liard,
Fort McPherson,
Fort Providence,
Fort Resolution,
Fort Simpson,
Fort Smith,
Hai River,
Hai River Dene,
Holman,
Jean Marie River,
Lutselk'e,
Nahanni Butte,
Norman Wells,
Paulatuk,
Rae-Edzo,
Rae Lakes,
Resolute,
Sachs Harbour,
Snare Lake,
Trout Lake,
Tsiigehtchic,
Tuktoyaktuk,
Tulita,
Wekweti,
Wha Ti,
Wrigley,
Yellowknife (capital),
Parque Nacional Aulavik, (desde 1992) 12.200 km²; Parque Nacional Tuktut Nogait, (desde 1996) 16.340 km². Península Parry.
- Illas:
Borden* Rei Mackenzie* Brock Príncipe Patricio Emerald Eglinton Melville* Banks Vitoria*
Clima Editar
Así como Nunavut, os Territorios do Noroeste posúen un clima moi frío, clasificado en case todo o territorio como subártico. Os veráns duran unhas semanas, con bastante sol, porén as temperaturas mantéñense baixas. As mínimas durante o verán fican negativas, en torno de -3 °C no sur, -5 °C na rexión central e -9 °C no norte. As máximas moi raramente pasan os 10 °C, acontecendo apenas unha ou dúas veces nun século no extremo sur dos territorios. As máximas no verán fican en torno dos 7 °C no sur, 4 °C na rexión central e 1 °C no norte. Durante o inverno as temperaturas xa se diferencian máis. As mínimas fican en torno de -38 °C no sur, -45 °C na rexión central e -51 °C na rexión norte. As máximas no inverno fican en torno de -20 °C no sur, -30 °C na rexión central e -41 °C na rexión norte. O récord quente foi de 17 °C nas contornas dos lagos ao sur dos territorios e o récord baixo foi de -66,8 °C no litoral dos territorios.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Territorios do Noroeste |