A Illa Victoria (ou Kitlineq)[1][2] é unha das Illas Árticas do Canadá dividida entre Nunavut e os Territorios do Noroeste. Cuns 217.291 quilómetros cadrados é a novena illa máis grande do mundo e a segunda máis grande do Canadá, sendo case o dobre de tamaño da Terra Nova.

Modelo:Xeografía políticaIlla Victoria
Kitlineq (iu) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoVitoria do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 71°N 110°O / 71, -110
EstadoCanadá
TerritorioNunavut Editar o valor en Wikidata
CapitalCambridge Bay Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.875 Editar o valor en Wikidata (0,01 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie217.291 km² Editar o valor en Wikidata
Medición625 (ancho) × 700 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Ártico Editar o valor en Wikidata
Altitude655 m Editar o valor en Wikidata

     Nunavut      Territorios Noroccidentales      Territorio Yukon      Columbia Británica      Rexións non pertencentes ao Canadá (Alasca, Groenlandia)

O nome da illa deriva da raíña Vitoria, quen foi soberana no Canadá desde 1867 ata 1901

Contén a illa máis grande do mundo dentro dunha illa.[3] O terzo occidental da illa pertence á rexión Inuvik nos Territorios do Noroeste. O resto é parte da rexión de Kitikmeot en Nunavut.

Historia

editar

En 1826 John Richardson viu a costa do suroeste e chamouna "Terra de Wollaston".[4] En 1839 Peter Warren Dease e Thomas Simpson seguiu a súa costa sueste e chamouna "Terra de Vitoria".[5] Un mapa publicado por Sir John Barrow en 1846 mostra un completo espazo en branco nestas dúas terras ao norte de "Banks Land", que é a costa norte da Illa de Banks.[6] En 1851 John Rae trazou toda a costa sur e conectou as dúas "lands".[7] En 1850 e 1851 Robert McClure circunnavegó a maior parte da Illa de Banks, separándoa así do resto da illa Vitoria. Os seus homes tamén trazaron as costas do noroeste e do oeste da illa Vitoria.[8] Un dos homes de Roald Amundsen, Godfred Hansen, trazou a súa costa leste ata o cabo Nansen en 1905,[9] E en 1916 e 1917 Storker T. Storkerson, da Canadian Arctic Expedition de Vilhjalmur Stefansson, realizou unha cartografía da súa costa nordés, descubrindo a Península de Storkerson.[10]

Demografía

editar

No Censo do Canadá de 2006 a poboación da illa era de 1.875 habitantes, 1.477 en Nunavut e 398 nos Territorios do Noroeste. Dos dous asentamentos na illa, o máis grande é Cambridge Baymap19, que se atopa na costa sueste e está en Nunavut. Ulukhaktok map20 está na costa oeste e atópase nos Territorios do Noroeste. Postos comerciais, como Fort Collinson na costa noroeste, fai moito tempo que foron abandonados. A densidade da Illa é de 0,0086 habitantes por quilómetro cadrado.

 
Mapa detallado da Illa Victoria
 
Gran mostra de cobre nativo dos outeiros Saneraum, Illa Victoria
  1. "Society-COPPER-ESKIMO". ukc.ac.uk. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2008. Consultado o 2008-11-01. 
  2. Swann, Brian (2005). Wearing the Morning Star: Native American Song-Poems. Lincoln, NE: U of Nebraska Press. p. 133. ISBN 0-8032-9340-2. 
  3. Wolchover, Natalie (24 de xaneiro de 2012). "World's Largest Island-in-a-lake-on-an-island-in-a-lake-on-an-island Seen on Google Earth". LiveScience. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  4. Franklin, John (1828). Narrative of a second expedition to the shores of the Polar sea in the years 1825, 1826 and 1827, by John Franklin,... including an account of the progress of a detachment to the Eastward, by John Richardson. Londres: J. Murray. 
  5. Simpson, Thomas (1843). Narrative of the discoveries on the north coast of America: effected by the officers of the Hudson's Bay Company during the years 1836-39. Londres: R. Bentley. 
  6. Derek Hayes,"Historical Atlas of the Arctic", map 136
  7. McGoogan, Kenneth (2003). Fatal passage: the true story of John Rae, the Arctic hero time forgot. New York: Carroll & Graf Publishers. 
  8. McClure, Robert (1856). Osborn, Sherard, ed. The Discovery of the North-West Passage. Londres: Longman, Brown, Green, Longmans, & Roberts. 
  9. Amundsen, Roald and Godfred Hansen (1908). Roald Amundsen’s "The North West Passage"; being the record of a voyage of exploration of the ship "Gjøa" 1903-1907. Londres: A Constable and Co. 
  10. Stefansson, Vilhjalmur (1922). The Friendly Arctic: The Story of Five Years in Polar Regions. New York: Macmillan. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Illas Árticas do Canadá

Ligazóns externas

editar