Abrir o menú principal

Thomas Simpson

matemático británico

Thomas Simpson, nado o 20 de agosto de 1710, falecido o 14 de maio de 1761, foi un matemático británico, inventor e epónimo da regra de Simpson para aproximar integrais definidas, aínda que este método xa fora descuberto 200 anos antes por Johannes Kepler (Keplersche Fassregel).

Thomas Simpson
Nacemento20 de agosto de 1710
 Market Bosworth
Falecemento14 de maio de 1761
 Amiens
NacionalidadeReino de Gran Bretaña
Ocupaciónmatemático
Premiosmembro da Royal Society
editar datos en Wikidata ]
Miscellaneous tracts, 1768

Parece ser que o método que se lle atribúe a Simpson era coñecido e usado por Bonaventura Cavalieri (un alumno de Galileo) en 1639, e máis tarde redescuberto por James Gregory.

Índice

TraxectoriaEditar

Simpson naceu en Market Bosworth, Leicestershire. Fillo de tecedor,[1] Simpson autoinstruíuse nas matemáticas e tamén na astroloxía logo de ver unha eclipse solar. Dedicouse á adiviñación, mais tívose que mudar a Derby despois do que lle fixo a unha rapaza para sacarlle o demo do corpo[2]. Máis tarde foise a Londres.

Dende 1743, ensinou matemáticas na Academia Real Militar de Woolwich.

En 1758, Simpson foi escolleito membro estranxeiro da Real Academia das Ciencias de Suecia.

ObraEditar

  • Treatise of Fluxions (1737)
  • The Nature and Laws of Chance (1740)
  • The Doctrine of Annuities and Reversions (1742)
  • Mathematical Dissertation on a Variety of Physical and Analytical Subjects (1743)
  • A Treatise of Algebra (1745)
  • Elements of Geometry (1747)
  • Trigonometry, Plane and Spherical (1748)
  • Select Exercises in Mathematics (1752)
  • Miscellaneous Tracts on Some Curious Subjects in Mechanics, Physical Astronomy and Speculative Mathematics (1757)

NotasEditar

  1. "Thomas Simpson" (en inglés). Holistic Numerical Methods Institute. Consultado o 30 de outubro de 2009. 
  2. Simpson, Thomas (1710-1761) Arquivado 24 de agosto de 2004 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase taménEditar