James Gregory

James Gregory, nado en Drumoak, Aberdeenshire, no 1638[1] e finado en Edimburgo no 1675, foi un matemático e astrónomo escocés. Estudou no Marischal College da Universidade de Aberdeen e en 1663 estableceuse en Londres. En 1664 viaxou a Italia e traballou na Universidade de Padua xunto a Stefano degli Angeli.[2] Foi profesor nas universidades de St. Andrews e Edimburgo.

James Gregory
James Gregory.jpg
Nacemento1638
Lugar de nacementoDrumoak
Falecemento1675
Lugar de falecementoEdimburgo
NacionalidadeReino de Escocia
RelixiónIgrexa de Escocia
Alma máterUniversidade de St Andrews, Universidade de Padua, Universidade de Aberdeen, Aberdeen Grammar School e Marischal College
Ocupaciónmatemático, astrónomo, inventor, profesor universitario e escritor
PaiRev. John Gregorie
NaiJanet Anderson
Coñecido porOptica Promota
Premiosmembro da Royal Society
Na rede
WikiTree: Gregorie-26 Find a Grave: 175631369 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dise que foi o matemático inglés máis notable do seu século despois de Newton.[3] Nese eido, son destacables as súas aportacións na primeira demonstración do teorema fundamental do cálculo e polo descubrimento das series de Taylor (anos antes de facelo o propio Taylor).

Un cráter lunar foi bautizado como Gregorio na súa honra.

TraxectoriaEditar

 
Vera circuli et hyperbolae quadratura, 1667

Publicou varios libros, dos cales os máis coñecidos son: Optica Promota en 1663, e Vera Circuli et Hyperbolae Quadratura en 1667.

Optica PromotaEditar

Neste libro describe un tipo de telescopio reflector que acabaría por levar o seu nome: o telescopio tipo Gregory ou "gregoriano". O fundamento deste telescopio baséase no uso dun espello secundario parabólico, que elimina a aberración cromática e a aberración esférica que se producían nos telescopios de refracción. Aínda que James Gregory nunca foi quen de construír un, empezaron a fabricarse nos anos posteriores. Este tipo de telescopios hoxe en día están obsoletos, porque actualmente hai modelos máis optimizados; con todo, algúns radiotelescopios como o Arecibo seguen a usar a óptica gregoriana.

O libro tamén menciona un método para calcular a distancia entre a Terra e o Sol, empregando o tránsito de Venus. Este foi o primeiro método fiable usado para determinar o valor da unidade astronómica (AU), ata a chegada de modernos sistemas láser e radar .

Vera Circuli e Hyperbolae QuadraturaEditar

Neste traballo estúdase a posibilidade de calcular a área de círculos e hipérbolas mediante series infinitas converxentes. Un ano despois, o libro sería publicado, mostrando os métodos para obter volumes de sólidos de revolución . Unha das fórmulas desenvolvidas en series infinitas converxentes que resultou de máis utilidade foi a do arcotanxente:

  ,

que anos despois John Machin empregaría para calcular o valor do número π .

Tamén se especula sobre a existencia de números transcendentes, deduce a imposibilidade de resolver o problema de cuadrar o círculo e fai contribucións aos polinomios de Taylor así como a primeira proba do teorema fundamental do cálculo integral . James Gregory tamén é o descubridor da Rede de difracción, que permite separar a luz en diferentes lonxitudes de onda.

ObrasEditar

  • 1663 – Optica promota.
  • 1667 – Vera circuli et hyperbolae quadratura (en galego, A verdadeira cuadración do círculo e a hipérbola).
  • 1668 – Exercitationes geometricae (en galego, Exercicios xeométricos)
  • 1668 – Geometriae pars universalis (en galego, A parte universal da xeometría)

NotasEditar

  1. O'Connor, J. J.; Robertson, E. F. (setembro 2000). "James Gregory". mathshistory.st-andrews.ac.uk (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  2. Haidar, Riad (maio-xuño de 2013). "James Gregory". Photoniques. Vol. 65 (65): 25–26. doi:10.1051/photon/20136525. 
  3. Gjertsen, Derek (1986). The Newton Handbook (en anglès). Londres i Nova York: Routledge & Kegan Paul. p. 245. ISBN 978-0710202796. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Grattan-Guiness, Ivo (ed.), ed. (1994). "Infinite series and solutions of ordinary differencial equations (1670-1770)". Companion Encyclopedia of the History and Philosophy of the Mathematicals Sciences (en inglés) I. Londres: Routledge. p. 504-519. ISBN 9780415037853. doi:10.4324/9781315542010. 
  • Turnbull, H.W. (1938). "James Gregory (1638-1675)". The Observatory (en inglés). Vol. 61: 268–274. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 

Ligazóns externasEditar