Roald Amundsen

explorador polar noruegués que encabezou a expedición (1910-1912) que chegou por vez primeira ao Polo Sur

Roald Engelbregt Gravning Amundsen, nado en Borge o 16 de xullo de 1872 e finado en mar de Barents posiblemente o 18 de xuño de 1928, foi un explorador polar noruegués que encabezou a expedición (1910-1912) que chegou por vez primeira ao Polo Sur en decembro de 1911.

Roald Amundsen
Amundsen in fur skins.jpg
Nome completoRoald Engelbregt Gravning Amundsen
Nacemento16 de xullo de 1872
Lugar de nacementoBorge
Falecemento18 de xuño de 1928
Lugar de falecementoMar de Barents e Illa do Oso
Causaaccidente ou incidente de aviación
SoterradoMar de Barents
NacionalidadeNoruega
Ocupaciónexplorador, escritor, mariño, investigador, polar explorer, aviador, traveler e Piloto da marinha
PaiJens Amundsen
IrmánsLeon Amundsen
PremiosPrémio Fridtjof Nansen na categoria de Matemática e Ciências Naturais, Gran Cruz da Orde de San Olaf, Hubbard Medal, Constantin Medal, Knight of the Order of Leopold, Medalha Vega, Alexander von Humboldt Medal, Patron’s Medal, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Grande Médaille d'Or des Explorations, Medalla polo Servizo Cívico Excepcional, Fortjenstmedaljen, Medalha Polar, Medalha Charles P. Daly, Ordem de Santo Olavo, Medalla Plus Ultra, Medalha do Valor Aeronáutico, Cabaleiro da Lexión de Honra, Ordem de Leopoldo e medalla Livingstone
Na rede
IMDB: nm0025468 WikiTree: Amundsen-236 Find a Grave: 20956 Editar o valor em Wikidata
Roald Amundsen Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

InfanciaEditar

Naceu moi preto de Oslo cuarto fillo dunha familia de tradición de armadores e capitáns, sendo seu pai o capitán Jens Amundsen. Súa nai, Gustava Sahlquist, tentou mantelo fóra da industria marítima e presionárono para que fose médico, pero aos 20 anos, cando morreu a nai en 1893, deixou os estudos para ter unha vida no mar.

Impresionado fortemente pola travesía de Fridtjof Nansen en 1882, na que cruzou Groenlandia en esquís, decidiu continuar os seus pasos e converterse en explorador polar. Con 20 anos embarcou nun barco de cazadores de focas para continuar a súa aprendizaxe coma mariñeiro.

Outro paso importante foi buscar patrocinadores para as súas expedicións, viaxando por Estados Unidos, onde atopou a un dos primeiros financiadores, Lincoln Ellsworth. Así volveu a Oslo para continuar coa súa formación, asistindo Christiania Sjømandsskole, onde obtivo a súa licenza náutica o 1 de maio de 1895.

Expedición belga á AntártidaEditar

En 1897 uniuse como temoneiro á exploración antártica belga dirixida por Adrien de Gerlache. O buque Belgica levantou áncora de Antuerpen o 16 de agosto de 1897, e no que tamén navegaría Frederick Cook, con quen chegaría a ter unha longa amizade.

Dita expedición foi a primeira en pasar o inverno no Círculo Polar Antártico, o buque quedou atrapado no mar xeado nas coordenadas 70º 20' S e a tripulación tivo que facer fronte a un durísimo inverno sen estar totalmente preparados para tal fin. Desta experiencia sacaría valiosas leccións para futuras viaxes.

Expedición ao Paso do NoroesteEditar

 
O veleiro Gjøa.

No ano 1903 comandou a súa primeira expedición a bordo do veleiro Gjøa, sendo a primeira que logrou percorrer o Paso do Noroeste, que une os océanos Atlántico e Pacífico. O percorrido levounos a tavés da Bahia de Baffin e os estreitos de Lancaster, Peels, James Ross e Rae, ata chegar á rexión actualmente coñecida coma Gjoa Haven, Nunavut (Canadá). Alí permaneceron dous invernos realizando labores de investigación e exploración, fixando a posición do Polo magnético.

Nesta viaxe tamén estudou aos nativos, chamados Netsilik, para aprender deles as súas tecnicas de supervivencia. Así sería como adoptaría as súas vestimentas ou as zorras tiradas por cans.

Continuou a viaxe polo sur da Illa Victoria e atravesou o Arquipélago ártico o 17 de agosto de 1905. Porén non chegaría a Nome, na costa pacífica de Alasca ata 1906 ao desprazarse 800 quilómetros ata Eagle City para mandar un telegrama dando novas do obxectivo cumprido. En 1906 chegou a Nome.

Carreira ao Polo SurEditar

Artigo principal: Expedición Amundsen.

Trala súa expedición ao Paso do Noroeste Amundsen planeou outra expedición, desta vez ao Polo Norte, a bordo do buque Fram, propiedade de Fridtjof Nansen e que este xa tiña utilizado en viaxes árticos. Porén pouco despois tivo novas de que Robert Peary se lle adiantara en ser o primeiro ser humano no Polo Norte, polo que cambiou os seus plan e decidiu dirixirse ao Polo Sur. Neste obxectivo contaría coa competencia doutro explorador, o británico Robert Falcon Scott, que organizara unha expedición paralela.

O 14 de xaneiro de 1911 chegou co Fram á plataforma de xeo de Ross, no mar de nome homónimo. Ancorou o buque na baía das Baleas e levantou o seu campamento, que chamou Framheim. Scott pola súa parte establecérase en MacMurdo Sound, 96 quilómetros máis lonxe do Polo Sur que Amundsen. Mentres o plan do británico era seguir a ruta de Ernest Shackleton polo glaciar Beardmore ata a meseta Antártica, Amundsen pretendía crear a súa propia, subindo os montes Transantárticos ata a susodita meseta.

Nos meses seguintes estableceron postos de subministracións nos paralelos 80º, 81º e 82º Sur en liña directa ao polo, permitíndolles comprobar as condicións do medio e o funcionamento dos equipos. Isto permitiulles realizar melloras significativas no equipo durante o inverno, en especial nas zorras, cuxo peso conseguiu reducir signifativamente Olav Bjalland. O 4 de febreiro dese ano unha parte da expedición de Scott fixo unha visita de cortesía ao Framheim.

O 8 de setembro de 1911 a expedición nórdica saíu dirección ao polo, o equipo formábano oito persoas: Olav Bjaaland, Helmer Hanssen, Sverre Hassel, Oscar Wisting, Jørgen Stubberud, Hjalmar Johansen, Kristian Prestrud e o propio Amundsen. O momento da partida escolleuse debido a un aumento das temperaturas que semellaba un quentamento primaveral, porén poucos días despois da partida as temperaturas baixaron drasticamente ata chegar aos -51 °C, polo que chegaron ao posto 80ºS deixaron as subministracións e regresaron a Framheim. O resultado foi o desencontro entre os membros do equipo, polo que se reestructurou a expedición, a Johansen, Prestrud e Stubberud encargoulles explorar a Terra de Eduardo VII, descuberta recentemente por Scott, mentres que Amundsen, Bjaaland, Hanssen, Hassel e Wisting formaron a nova expedición ártica.

 
O navío Fram na Antártida.

O novo intento de expedición foi o 19 de outubro de 1911 con catro zorras e 52 cans de raza groenlandesa, liderados pola femia Etah. O alimento do equipo consistía nunha ración diaria de 380 g de galleta, 350 g de pemmican, 40 g de chocolate e 60 g de leite en po mentres que para os cans asignóuselles 500 g de pemmican diarios.

O 23 de outubro chegaron ao posto 80º e o 3 de novembro ao 82º, o último antes do polo sur. O 15 de novembro alcanzaron a latitude 85ºS, aos pes dos montes Transantárticos, o 21 de novembro remataron a travesía dos mesmos e chegaron á meseta antártica, que sería renomeada coma meseta do Rei Haakon VII, e os montes adxacentes como montes da Raíña Maud. Alí sacrificaron 24 cans, unha parte de cuxa carne foi destinada a alimentar ao resto de animais e outra parte almacenada para a viaxe de volta.

O 4 de decembro chegaron aos 87º e tres días máis tarde aos 88º 23' Sur, o punto máis ao sur acadado pola expedición de Shackleton, quedando 180 quilómetros para o Polo Sur.

Finalmente a expedición alcanzou o polo sur o 14 de decembro de 1911, 35 días antes que a expedición de Scott. Amundsen levantou o seu campamento en pleno polo sur, chamandoo Polheim, deixando montada unha tenda cunha mensaxe no seu interior, dando testimonio da súa viaxe por se o equipo non dese regresado a Framheim. O equipo chegaría ao campamento de partida o 25 de xaneiro de 1912, 99 días despois da partida e con só once cans.

A causa da dificultade nas comunicacións o éxito da expedición non sería comunicado ata o 7 de marzo, cando chegaron a Hobart, en Australia. Toda a viaxe está narrada no libro de Amundsen O polo sur: un informe da expedición antártica noruega no "Fram", 1910-1912

Fixo descubrimentos no Mar de Bering e Alasca (1918-1925). Voou a través do Polo Norte con Lincoln Ellsworth (1926). Cando pretendía rescatar ao explorador italiano Umberto Nobile que se perdera no Ártico, o avión no que ía tivo un accidente, o seu corpo nunca se atopou.

LegadoEditar

Na súa honra foron nomeados os seguintes accidentes xeográficos:

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar