Baía de Baffin
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
A baía de Baffin (francés: Baie de Baffin) é un mar entre os océanos Atlántico e Ártico. Mide uns 1130 km cruzando de norte a sur. Non é navegable a maior parte do ano por mor da presenza de innumerable cantidade de icebergs.
Baía de Baffin | |
---|---|
Baie de Baffin - Baffin Bay - Baffinbugten | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() ![]() |
División | ![]() ![]() |
Subdivisión | Baía Melville («Qimusseriarsuaq») e baía Home |
Accidentes | |
Características | |
Superficie | 689,000 km2 |
Lonxitude máxima | 1130 km |
Anchura máxima | 550 km |
Profundiade máxima | 2.136 m |
Profundidade media | 861 m |
Outros datos | |
Descubrimento | John Davis (1585) |
Explorador | William Baffin- Robert Bylot (1616) |
Vía marítima | Paso do Noroeste |
Áreas protexidas | Parque nacional Auyuittuq Parque nacional Sirmilik |
Mapa | |
Localización da baía de Baffin | |
Mapa da rexión da baía de Baffin | |
HistoriaEditar
En 1585 o explorador británico John Davis foi o primeiro europeo en entrar á baía. William Baffin fixo cinco viaxes ao océano Ártico e alcanzou a baía de Baffin en 1616. Durante estas viaxes foi probado que o Paso do Noroeste non estaba no área da baía de Hudson.
SituaciónEditar
A baía de Baffin é un brazo de auga do océano Ártico flanqueado pola Illa de Baffin no oeste, Groenlandia no leste, e na Illa de Ellesmere no norte. Conecta ao atlántico por estreito de Davis, e ao Ártico por varias canles estreitas do estreito de Nares. É unha extensión do noroeste do Atlántico Norte e o mar do Labrador.
Vida silvestreEditar
Preto de 120.000 baleas Beluga viven na baía de Baffin, comendo pequenos peixes e crustáceos. Están en perigo de ser atrapadas no xeo con facilidade e isto representa outro problema de índole ambiental.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baía de Baffin |