Illa de Baffin
A Illa de Baffin (en Inuktitut: ᕿᑭᖅᑖᓗᒃ Qikiqtaaluk) é unha illa ártica de Nunavut, Canadá. É a illa máis grande do Canadá e a quinta do mundo, cunha área de 507.451 km², e 11.000 habitantes (2004). O explorador William Baffin deulle o nome. A cidade principal da illa, e capital de Nunavut, Iqaluit (antes coñecida como Frobisher Bay) localízase na costa sur
Illa de Baffin | |
---|---|
ᕿᑭᖅᑖᓗᒃ Qikiqtaaluk (en inuktitut) | |
![]() Imaxe satélite | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Illas Árticas do Canadá |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 69°N 72°O / 69, -72 |
Xeografía | |
Superficie | 507 451 km² |
Punto máis alto | Monte Odin (2 147m) |
Demografía | |
Capital | Iqaluit |
Poboación | 10 745 (2008) |
Densidade | 0,02 hab./km² |
Lingua propia | Inuktitut |
Historia editar
Os máis antigos restos de hábitat humano localízanse no suroeste da illa e remóntanse ao 2.400 a.C. En 1576 o explorador inglés Martin Frosbisher é o primeiro europeo en chegar á illa e entre 1615 e 1616 William Baffin explora o sur da illa A illa de Baffin (ás veces chamada, Terra de Baffin; en inuit, Qikiqtaaluk, e, en nórdico antigo, Helluland, a «terra da pedra prateada») é unha grande illa situada no extremo noriental do Canadá, pertencente ás illas do arquipélago ártico canadense. É a illa máis grande do Canadá e a 5ª do mundo, cunha superficie de 507.451 km². Administrativamente, pertence ao territorio autónomo de Nunavut e á rexión Qikiqtaaluk.
Xeografía editar
A illa de Baffin ten unha forma bastante irregular, asimilable a unha J virada uns 45º á esquerda, cos dous extremos máis anchos e unha parte central máis estreita. Ten unha lonxitude, en dirección NO-SE, de máis de 1600 km, variando a súa anchura entre os 500 km do seu parte setentrional, os 200-300 km da parte central e os de máis de 800 km da parte meridional.
A illa está atravesada por profundos entrantes de mar que conforman varias grandes penínsulas:
- no extremo suroccidental, a península Foxe, de relevo moi desigual. Avanza no mar, dirección leste-oeste, é duns 215 km. O seu istmo ten unha anchura duns 80 km e a súa anchura máxima é de 145 km;
- no extremo máis meridional, a península Meta Ingognita;
- na parte suroriental, ao norte da anterior, a península Hall, levemente accidentada;
- na parte máis oriental, máis ao norte da anterior, a península Cumberland, cunha anchura no punto máis estreito de 335 km;
- na parte setentrional, a península Borden, unha meseta percorrida por vales fluviais;
- na parte setentrional, a península Brodeur, outra meseta percorrida por vales fluviais.
Os puntos extremos de illa Baffin son os seguintes. Obtivéronse directamente mediante o Google Earth, polo que a súa precisión pode ter algún erro debido á propia forma da consulta:
- Punto máis setentrional: 73°51′40″N 86°09′53″O / 73.86111, -86.16472, un punto preto de punta Sargent, na península Brodeur, a beiras do Lancaster Sound;
- Punto máis meridional: 61°51′44″N 66°16′29″O / 61.86222, -66.27472, un punto preto de East Bluff, na península Meta Incognita, no estreito de Hudson;
- Punto máis occidental: 71°55′47″N 90°06′47″O / 71.92972, -90.11306, cabo Kater, na península Brodeur, no estreito do Príncipe Rexente;
- Punto máis oriental: 66°37′02″N 61°15′42″O / 66.61722, -61.26167, cabo Dyer, na península Cumberland, a beiras do estreito Davis;
Iqaluit -antes denominada Frobisher Bay-, a capital de Nunavut, está situada na costa sur da illa, na baía homónima, da cal recibiu o nome. No 2001 tiña 5236 habitantes.
Ao sur está o estreito de Hudson e o Québec, ao continente. Ao leste sitúase o estreito de Davis e a baía de Baffin e, á outra banda, Groenlandia. Ao oeste e ao norte, a baía de Foxe, o golfo de Boothia e o estreito de Lancaster separan a illa de Baffin do resto do arquipélago.