Estreito de Hudson

O estreito de Hudson é un estreito que une o Océano Atlántico e o mar de Labrador coa baía de Hudson no Canadá. Sitúase entre a illa de Baffin e Nunavik, coa súa boca oriental marcada polo cabo Chidley en Terranova e Labrador e a illa Resolution. Mide uns 750 km de lonxitude cunha largura media de 125 km, variando entre os 70 km na boca oriental e os 240 km en Deception Bay.[1]

Estreito de Hudson
Prince of Wales e Eddystone, barcos da Compañía da Baía de Hudson negociando cos iniut no estreito de Hudson, por Robert Hood (1819)

O estreito de Hudson une os portos do norte de Manitoba e Ontario co océano Atlántico. O estreito podería servir como entreda oriental á Pasaxe do Noroeste se non houbese xeo no Fury and Hecla Strait ao sur da illa de Baffin occidental.

ExploraciónEditar

O navegante inglés Sir Martin Frobisher foi o primeiro europeo que afirmou que entrou no estreito en 1578. Nomeou un estuario na entrada o Furious Overfall e chamou o estreito Mistaken Strait (estreito confundido), posto que sentiu que supuña unha entrada menos prometedora para a Pasaxe do Noroeste que que se chamou posteriormente Frobisher Bay. John Davis navegou pola boca do estreito durante a súa viaxe de 1587.

O primeiro europeo que explorou o estreito foi George Weymouth que navegou 300 millas náuticas alén do Furious Overfall en 1602.[2][3] O estreito recibiu o nome por Henry Hudson que o explorou en 1610 no barco Discovery, o mesmo que empregara previamente George Weymouth en 1602. Hudson foi seguido por Thomas Button en 1612, e por unha expedición cartográfica máis detallada liderada por Robert Bylot e William Baffin en 1616.[4][5]

ExtensiónEditar

 
Xeo á deriva no estreito de Hudson, xuño de 2014

A International Hydrographic Organization define os límites do estreito de Hudson como segue:[6]

NotasEditar

  1. Proceedings of a Workshop: Marine Ecosystem studies in Hudson Strait, consultado o 28 de outubro de 2017
  2. Glyn Williams, "Arctic Labyrinth", Toronto: Penguin, 2009, p 45
  3. Douglas Hunter, "God’s Mercies. Rivalry, Betrayal and the Dream of Discovery", Anchor/Random House, 2007, pp 13-14
  4. Nuttal, Mark, "Encyclopedia of the Arctic", Routledge: 2004, pp 295-296
  5. Fick, Steven; Hunter, Douglas (1 de abril de 2010). "In Hudson’s wake". Canadian Geographic. The Royal Canadian Geographical Society. Consultado o 16 de abril de 2019. 
  6. "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Allard, Michel, Baolai Wang, and Jean A Pilon. 1995. "Recent Cooling Along the Southern Shore of Hudson Strait, Quebec, Canada, Documented from Permafrost Temperature Measurements". Arctic and Alpine Research. 27, no. 2: 157.
  • Andrews, J. T., and D. C. Barber1. 2002. "Dansgaard-Oeschger Events: Is There a Signal Off the Hudson Strait Ice Stream?" Quaternary Science Reviews. 21, no. 1-3: 443–454.
  • Barr, W. 1994. "The Eighteenth Century Trade between the Ships of the Hudson's Bay Company and the Hudson Strait Inuit". Arctic. 47, no. 3: 236.
  • Campbell, N. J. The Oceanography of Hudson Strait. [S.l.]: Atlantic Oceanographic Group, 1958.
  • Easton, A. K. Tides of Hudson Strait. Dartmouth, Nova Scotia: Bedford Institute of Oceanography, 1972.
  • Gaston, A. J. Seabird Investigations in Hudson Strait Report on Activities in 1980. OLABS Program report. [Canadá]: Canadian Wildlife Service, 1981.
  • Payne, F. F. Eskimo of Hudson's Strait. Toronto?: s.n.], 1889. ISBN 0-665-09301-2
  • 2005. "A Sentry at the Atlantic Gateway – An Experimental Mooring Monitors Water Flow Through Strategic Hudson Strait". Oceanus. 44, no. 3: 30.