Ernest Shackleton

Ernest Henry Shackleton, nado en Irlanda o 15 de febreiro de 1874 e finado o 5 de xaneiro de 1922, foi un explorador británico. É especialmente coñecido polas súas expedicións antárticas, nas que participou ao longo de toda a súa vida.

Infotaula de personaErnest Shackleton

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalErnest Henry Shackleton
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1874 Editar o valor em Wikidata
Kilkea Castle (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1922 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Grytviken (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGrytviken (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónDulwich College (pt) Traducir
Brighton Grammar School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador , viaxeiro , oficial , explorador polar Editar o valor em Wikidata
EmpregadorReal Sociedade Geográfica Escocesa (pt) Traducir (1904–)
The Royal Magazine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor em Wikidata
Rango militarlieutenant (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial e Guerra Civil Rusa Editar o valor em Wikidata
Participou en
1921Expedición Shackleton-Rowett
8 de agosto de 1914Expedición Endurance
agosto de 1907Expedição Nimrod (pt) Traducir
1901Expedição Discovery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEmily Shackleton (pt) Traducir (1904–) Editar o valor em Wikidata
FillosEdward Shackleton (pt) Traducir, Raymond Shackleton (pt) Traducir, Cecily Jane Swinford Shackleton (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHenry Shackleton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Henrietta Letitia Sophia Gavan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsKathleen Shackleton (pt) Traducir e Francis Richard Shackleton Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0787123 Musicbrainz: 2a4dd287-144e-4979-ae67-a3f2652bbf5f WikiTree: Shackleton-48 Find a Grave: 4564 Editar o valor em Wikidata


Ernest Henry Shackleton.
Tumba de Ernest Henry Shackleton.

Traxectoria editar

En 1901 acompañou a Robert Falcon Scott na viaxe realizada no barco Discovery. Esta foi a primeira vez que o ser humano se internou no Mar de Ross. Nesta mesma expedición Scott, Shackleton e Edward Wilson tentarían chegar ao Polo Sur Xeográfico, chegando aos 82°17'S o 31 de decembro de 1902.

Antártida editar

No ano 1907 Shackleton organizaría a súa propia viaxe a Antártida, de novo co obxectivo de achegarse ao Polo Sur. A expedición conseguiu escalar por vez primeira o Monte Erebus, situar o Polo Sur Magnético e descubrir o paso do Glaciar Beardmore, que facilitaría a chegada ao Polo en seguintes expedicións. Porén, Shackleton tivo que abandonar o seu obxectivo a 180 quilómetos do punto final, aos 88°23'S.

Expedición de 1914 editar

No entanto, a expedición que deu máis fama a este explorador foi a iniciada en 1914, que tivo por nome Expedición Imperial Trans-Antártica. Poucos anos antes, en 1911 o noruegués Roald Amundsen conseguiría chegar ao Polo Sur, tras vencer nunha carreira que lle custou a vida a Scott e catro dos seus acompañantes. Shackleton consideraba que debía superar este éxito, e tentou cruzar o continente branco dende o Mar de Weddell ata a Illa Ross cruzando o polo xeográfico, apoiado por outro barco de provisións que debería deixar depósitos de comida e combustible ao longo da segunda metade da ruta.

A expedición non acadou o seu obxectivo, pero converteuse na máis sorprendente proba de resistencia humana. O barco no que viaxaban, o Endurance, quedou atrapado nos xeos antes de tocar terra, e os tripulantes pasaron nel varios meses. Cando o barco afundiu máis tarde pola presión, tiveron que percorrer andando o Mar de Weddel e navegar en bote ata a Illa Elefante. Shackleton e cinco homes máis continuaron a viaxe en busca de axuda nun pequeno bote ata Xeorxia do Sur. Os 22 homes que aínda permanecían na Illa Elefante foron rescatados polo buque chileno Yelcho, ou mando do capitán da expedición, o 30 de agosto de 1916, 22 meses despois da súa partida de Gran Bretaña.

Asemade, o barco de provisións afundiu nunha tormenta, pero os seus tripulantes conseguiron situar os depósitos, e foron rescatados polo propio Shackleton no Nadal de 1916.

Pasamento editar

En 1921 iniciou outra expedición o continente antártico, pero finou en Xeorxia do Sur, onde foi soterrado.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar