Para as linguas que se falan neste pobo véxase Linguas inuit

Esquimó é un nome común para os individuos de distintos pobos indíxenas que habitan as rexións árticas de Groenlandia, América e parte de Siberia.[1] Denomínase así dous grupos étnicos relacionados:

Esquimó
Familia inupiaq, 1929 - por Edward S. Curtis.
Poboación
Poboación total:
175 000
Rexións principais:
Dinamarca DinamarcaGroenlandia
CanadáNunatsiavut, Nunavik, Nunavut, Territorios do Noroeste
Estados Unidos de América Estados UnidosAlasca
Rusia RusiaSiberia, nordeste de Chukotka, illa Diomedes Maior
Aspectos culturais
LinguaLinguas esquimó-aleutianas (Inuit)
RelixiónAnimismo, Cristáns
Grupos
relacionados
Aleutianos

A palabra esquimó (en inglés eskimo; en francés eskimo (ou, máis raramente, en plural, eskimau ou esquimaux) caeu en desuso no Canadá, pois se considera despectiva e, oficialmente, só se utiliza inuit que significa "o pobo" (en inuktitut, ᐃᓄᐃᑦ inuit). En Groenlandia úsanse ambos os termos. Pero en Alasca e Siberia os poboadores iupik seguen chamándose esquimós. En galego, a palabra "inuit" non figura no dicionario da RAG.[2]

Aos grupos inuit e iupik habería que engadir o dos sadlermiut, da baía de Hudson, últimos relictos da cultura Dorset, cuxa pequena poboación se extinguiu en 1902 ao contraeren enfermidades novas polo contacto con occidentais.[3]

Etimoloxía editar

Esquimó é un termo algonquino que podería significar "devoradores de carne crúa".[4][5] Porén outras versións indican que podería significar "o cazador (ou pescador) de zapatos de neve",[6] ou o "pobo que usa outra lingua".[7]

Orixes e migración editar

Os esquimós teñen as súas orixes en Siberia, ao nordeste de Asia. Os seus antepasados esquimó-aleutianos cruzaron o estreito de Bering e asentáronse tamén en Norteamérica (incluída Groenlandia). Encontráronse restos humanos en Saqqaq (Groenlandia), de hai 4 000 anos, cuxa análise xenética deu como resultado o seu parentesco cos pobos esquimó-aleutianos, aínda que non necesariamente cos actuais pobos de Groenlandia.[8]

Á parte da orixe siberiana, demostrouse, a través de análises xenéticas, que estes pobos teñen tamén antepasados amerindios.[9]

Pobos inuit editar

 
Aldea inuit de iglús na illa de Baffin, ilustración de Charles Francis Hall, 1865.
Artigo principal: Pobos inuit.

Inuit é o nome xenérico dos grupos humanos que habitan o Ártico, que posúen características físicas que os axudan a sobrevivir no frío. As pestanas son pesadas, para protexer os ollos do resplandor do Sol que se reflicte no xeo, e o seu corpo é xeralmente baixo e robusto para reter mellor a calor. Falan linguas inuit.

Soportaron a vida do Ártico durante miles de anos e teñen unha grande experiencia para poder sobrevivir no xeo.

Os inuit viven nas tundras do norte do Canadá, Alasca e Groenlandia ademais de na conca do Rhavbrok á beira do mar Bersático. Calcúlase que viven nesta rexión unhas 100 000 persoas. Desenvolven unha vida nómade, seguindo as migracións dos animais que cazan, entre os cales poden destacarse os caribúes, osos, cetáceos e focas. Destes e outros animais aproveitan todas as partes posíbeis para alimentarse, abrigarse e construír vivendas e ferramientas para cazar. A caza de focas e a pesca permítenlles conseguir alimentos incluso no cru e longo inverno do Ártico.

 
Grupos esquimós: Kalaallit en vermello, inuit oriental en verde claro, inuvialuit en azul, inupiat en verde escuro, yup'ik en azul escuro, aluutiq en gris e yuit de Siberia en violeta e laranxa.

Os husky (cans de zorra) teñen un papel moi importante na vida inuit. Sobre a neve ou o xeo, un equipo de cans arrastran o qamutik, unha zorra feita de madeira, ósos de animais, barbas de balea e mesmo peixe conxelado.[10]

Os pobos inuit en base aos seus dialectos poden subdividirse en 16 grupos, os cales se inclúen nos 4 grupos principais seguintes:

Pobos iupik editar

Artigo principal: Pobos iupik.

Desde o punto de vista lingüístico, considérase aos falantes de linguas iupik como unha rama esquimó separada dos inuit.[11] Aínda que hai unha relación xenética achegada dos iupik cos inuit e os aleutianos.[12] Habitan a rexión suroeste de Alasca e en Siberia, nas costas da península de Chukchi. A economía iupik baseouse tradicionalmente na caza de mamíferos mariños, como focas, morsas e cetáceos.

Iupik alasquianos editar

Os pobos iupik de Alasca están conformados por dous grupos:

Esquimó-siberianos editar

Tamén chamados iupik siberianos, iupik do estreito de Bering ou yuit, este último é o nome oficial que lles deu a Unión Soviética en 1931. Son pequenas poboacións que habitan nas costas da península de Chukchi, no Extremo Oriente ruso, distrito de Chukotka. Son 3 grupos:

  • Chaplinos: os chaplinos (ou ungazighmiistun) son o grupo iupik siberiano máis numeroso, habitan na costa siberiana do mar de Bering, na illa de Wrangel e na illa San Lourenzo. Falan a lingua iupik de Siberia (ou yuit).
  • Naukan ou nuvuqaghmiistun, habita en Chukotka, en asentamentos como Uelen e Providéniia. Son uns 400 habitantes, 70 dos cales falan aínda o naukan.
  • Sireniki: os sireniki (ou uqeghllistun), cuxo idioma orixinal sirenik está extinto, habitan especialmente na localidade de Sireniki (Chukotka). Lingüisticamente a súa clasificación non se resolveu aínda,[13] pois uns os agrupan cos demais esquimó-siberianos e outros como unha póla esquimó á parte dos iupik e dos inuit. Considérase que teñen unha influencia cultural dos pobos chukchi dada a convivencia rexional; pero xeneticamente son achegados aos chaplinos.[12]

Galería de imaxes editar

Inuit editar

Iupik editar

Notas editar

  1. "esquimó no dicionario da RAG". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  2. "Dicionario da Real Academia Galega". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  3. "The People Arrive". The Free Library. 01-03-1999. Consultado o 22-03-2008. 
  4. The American Heritage Dictionary of the English Language: Fourth Edition
  5. Setting the Record Straight About Native Languages: What Does "Eskimo" Mean In Cree?
  6. Israel, Mark "Eskimo" Arquivado 03 de abril de 2012 en Wayback Machine.
  7. Mailhot, J. (1978). "L'étymologie de «Esquimau» revue et corrigée." Etudes Inuit/Inuit Studies 2 (2): 59–70
  8. Gilbert, Thomas et al. (2008): Paleo-Eskimo mtDNA Genome Reveals Matrilineal Discontinuity in Greenland
  9. Reich, David et al. (2012) "Reconstructing Native American population history" Nature 2012 DOI: doi:10.1038/nature11258
  10. Hamilton, Sue (2008): The Inuit Sled Dog; The History of Mushing. 30 de decembro de 2008.
  11. Ethnologue report for Eskimo-Aleut languages
  12. 12,0 12,1 Volodko, Natalia et al. (2008): Mitochondrial Genome Diversity in Arctic Siberians, with Particular Reference to the Evolutionary History of Beringia and Pleistocenic Peopling of the Americas
  13. Vakhtin, Nikolai (2000): The Old Sirinek Language: Texts, Lexicon, Grammatical Notes Arquivado 23 de outubro de 2007 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Jean Malaurie (1981): Los esquimales del Polo. Los últimos reyes de Thulé. Barcelona: Grijalbo. ISBN 84-253-1320-1.