John Franklin (17861847) foi un explorador británico.

Infotaula de personaJohn Franklin

Sir John Franklin por Thomas Phillips
Biografía
Nacemento16 de abril de 1786 Editar o valor em Wikidata
Spilsby (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xuño de 1847 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Illa King William Editar o valor em Wikidata
Governor of Van Diemen's Land (en) Traducir
5 de xaneiro de 1837 – 21 de agosto de 1843
← Rt. Hon. Sir George Arthur, 1st Bt. (pt) TraducirSir John Eardley-Wilmot, 1st Baronet (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña (–1801)
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónKing Edward VI Grammar School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador , oficial da armada , botánico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor em Wikidata
Rango militaradmiral (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
19 de maio de 1845Expedição de John Franklin (pt) Traducir
1825Mackenzie River expedition (en) Traducir
1819Coppermine expedition (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaFranklin Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJane Franklin (pt) Traducir (1828–1847)
Eleanor Anne Porden (en) Traducir (1823–1825) Editar o valor em Wikidata
PaisWillingham Franklin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Hannah Weekes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSarah Franklin (en) Traducir e James Franklin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Franklin-2463 Find a Grave: 7840852 Editar o valor em Wikidata
John Franklin.

Naceu en Spilsby, Lincolnshire no seo dunha familia numerosa que prosperara grazas ao comercio.

Aínda que ao primeiro o seu pai opúñase aos desexos de Franklin de se facer mariño, finalmente permitiulle embarcar nun mercante nunha viaxe de proba que chegou ata Lisboa, a viaxe confirmou os desexos do rapaz e o seu pai conseguiu que formase parte da tripulación do HMS Polyphemus, e estivo presente na batalla de Copenhaguen en 1801.

Xa no HMS Investigator participou nunha expedición de exploración da costa de Australia co seu tío, o capitán Matthew Flinders. De volta en Europa participou na batalla de Trafalgar en 1805 a bordo do HMS Bellerophon. En 1815 estivo na batalla de Nova Orleáns.

En 1818 viaxou pola primeira vez ao Ártico, como tenente, ás ordes de John Ross, e a pesar do fracaso da expedición quedou fascinado con el. Entre 1819 e 1822 participou nunha expedición para descubrir o Paso do Noroeste polo norte do actual Canadá, que foi un fracaso e na expedición morreron 11 dos 20 homes que participaron.

En 1823 regresou a Inglaterra e casou coa poeta, Eleanor Anne Porden, que morreu de tuberculose en 1825. En 1828 casou con Jane Griffin.

Entre 1836 e 1843 foi gobernador da Terra de Van Diemen (a actual Tasmania).

Obsesionado coa busca do Paso do Noroeste, en maio de 1845 partiu con 128 homes e dous navíos (HMS Erebus e HMS Terror) e nunca regresou.

A súa muller organizou varias partidas de rescate e debido á publicidade que xerou organizáronse outras partidas na busca do explorador. En 1850 atopáronse os primeiros restos da expedición, as tumbas de tres homes que morreran por causas naturais en 1846.

En 1854 John Rae, que non procuraba a Franklin, atopou un inuit que lle falou dunha partida de 35-40 homes que morreran de inanición preto da foz do Black River. En 1859 a súa viúva armou unha última expedición baixo o mando de Francis Leopold McClintock para investigar os descubrimentos de Rae e atopou un documento que deixara o segundo da expedición na Illa do Rei Guillerme, a mensaxe datada o 28 de abril de 1847 informaba que os barcos quedaran atrapados polo xeo durante dous invernos, moito máis tempo do que agardaban, suxeriuse que morreron por escorbuto, e existen evidencias que practicaron o canibalismo.