Black River é unha vila de Xamaica, capital da parroquia de Saint Elizabeth. Atópase na foz do río do mesmo nome, no suroeste do país. De ser un próspero porto, actualmente é un polo turístico, con Treasure Beach e Crane Beach ao sueste e Luana Beach ao oeste. No 2010 tiña unha estimación de 4276 habitantes.[1]

Modelo:Xeografía políticaBlack River
Imaxe

Localización
Mapa
 18°01′32″N 77°51′03″O / 18.0256, -77.8508
Reinos da CommonwealthXamaica
County of Jamaica (en) TraducirCondado de Cornwall
Paróquia da Jamaica (pt) TraducirSaint Elizabeth (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación4.261 (2009) Editar o valor en Wikidata

Algunhas construcións que serviron para almacenar materiais a carón do río, agora úsanse no sector do turismo.

Historia

editar

Black River é unha das máis antigas poboacións da illa, mostrado no mapa de John Sellers de 1685. Foi deseñado polo irmáns Leyden de Inglaterra, tres homes ricos que tiñan en propiedade vastos terreos da área.

Nos séculos XVIII e XIX, foi un porto importante polo pau de campeche, aínda que tamén exportaba outros produtos como ron, pemento e pel de gando das veciñas Holland, Vineyard e Fullerswood Estates. O campeche traíase a través do río para o porto, para logo embarcalo cara a Inglaterra para fabricar as tinturas. Traíanse escravos e puxábanse en Farquharson Wharf (orixinalmente Town Wharf).

En 1773 substituíu Lacovia como capital da parroquia de St. Elizabeth.

  1. "World Gazetteer". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 17 de setembro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar