Illa de Banks
A Illa de Banks é unha illa de 70.028 km² e 114 habitantes (2001), pertence ao arquipélago ártico canadense, nos Territorios do Noroeste, Canadá. Situada ao oeste da Illa Victoria, polo sur o golfo de Amundsen separa a illa do continente, polo norte o estreito de McClure sepáraa das illas de Prince Patrick e de Melville. O único asentamento permanente, Sachs Harbour, localízase na costa suroeste.
Illa de Banks | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Canadá |
Provincias e territorios do Canadá | Territorios do Noroeste |
Arquipélago | Illas Árticas do Canadá |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 73°0′N 121°30′O / 73.000, -121.500 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 70.028 km² |
Longura máxima | 380 km. |
Largura máxima | 290 km. |
Punto máis alto | 732 m. Durham Heights |
Demografía | |
Capital | Sachs Harbour (114 hab.) |
Poboación | 136 (2010) |
Densidade | 0´0016 hab./km² |
Historia
editarO nome da illa foille dado en 1819 por sir William Parry na súa viaxe á procura do paso do Noroeste, en honra de sir Joseph Banks, que dirixía nese momento a Royal Society. Con todo, durante a exploración da zona por Robert McClure (1850-54) a illa aparecía nos mapas como «illa Baring» (Baring Island).