Illa Devon
A Illa Devon é a segunda maior illa do arquipélago das Illas da Raíña Isabel, en Nunavut, Canadá. É a 27 maior illa do mundo e a 6 do Canadá. É a maior illa deshabitada da terra. A Illa Devon abarca unha área de 55.247 km². Debido a súa relativamente alta elevación e a súa extrema latitude ao norte, na illa só habitan uns poucos bois almizcleros. A vida animal concéntrase nas planicies de Truelove, que ten un microclima favorable que permite o crecemento dalgunhas especies vexetais árticas. As temperaturas durante a breve tempada de crecemento non exceden dos 10 °C, e no inverno poden caer ata os -50 °C. Cunha ecoloxía de deserto polar, a Illa Devon recibe moi poucas precipitacións.
Tipo | illa Illa deserta | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Árticas do Canadá | ||||
Situado na entidade xeográfica | Região de Qikiqtaaluk (pt) | ||||
Localización | |||||
Continente | América do Norte | ||||
División administrativa | Nunavut, Canadá | ||||
| |||||
Bañado por | Baía de Baffin | ||||
Características | |||||
Altitude | 1.920 m | ||||
Tamaño | 524 () km | ||||
Punto máis alto | Devon Ice Cap (en) (1.920 m ) | ||||
Superficie | 55.247 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1616 | ||||
A Illa Devon tamén é coñecida pola presenza do Cráter Haughton, creado hai uns 39 millóns de anos cando un meteorito duns 2 km de diámetro chocou contra o que na época era un bosque. O impacto deixou un cráter de aproximadamente 23 km de diámetro, que se converteu nun lago durante varios millóns de anos. O cráter é hoxe en día un dos lugares máis parecidos á xeografía de Marte que hai sobre a terra.