Pobos inuit

grupo étnico das rexións árticas de América do Norte
(Redirección desde «Inuit»)

Os inuit[5] (en inuktitut: ᐃᓄᐃᑦ, "o pobo"[6]) son un grupo de pobos indíxenas con grandes semellanzas culturais que habita na rexión do Ártico en Groenlandia, Canadá, e Alasca.[7] Inuit é unha palabra en plural, sendo o singular Inuk.[6] As linguas inuit están clasificadas na familia esquimó-aleutiana,[8] e a lingua de signos inuit é unha lingua illada empregada en Nunavut.[9]

Pobos inuit
Qamutik tradicional (zorra), Cabo Dorset, Nunavut
Poboación
Poboación total:
118,426[1][2][3]
Rexións principais:
Groenlandia Groenlandia51 365
Canadá50 480
Estados Unidos de América Estados Unidos16 581
Aspectos culturais
LinguaLinguas inuit, dinamarqués, inglés, francés, Inuiuuk e outras
RelixiónRelixión inuit, cristianismo
Grupos
relacionados
Aleutianos e iupik[4]

Nos Estados Unidos e no Canadá o termo "esquimó" foi empregado comunmente para describir ós inuit, ós iupik de Alasca e ós inupiaq. "Inuit" non está aceptado como termo para describrir ós iupik, e "esquimó"[10] é o único termo que inclúe ós iupik, inupiaq e inuit. Porén, os pobos aborixes do Canadá e os groenlandeses ven o termo "esquimó" como pexorativo, e "inuit" fíxose máis común.[11][12] No Canadá, as seccións 25 e 35 da Acta de Constitución de 1982 chaman "inuit" a un grupo distintivo de aborixes canadenses que non están incluídos nas Primeiras Nacións ou nos Métis.[13]

Os inuit viven no Ártico canadense, no territorio de Nunavut; "Nunavik" no terzo norte do Quebec; "Nunatsiavut" e "NunatuKavut" en Labrador; e en varias partes dos Territorios do Noroeste, particularmente arredor do océano Ártico. Estas áreas son coñecidas en inuktitut como "Inuit Nunangat".[14][15] Nos Estados Unidos, os inupiaq viven no norte de Alasca e na illa Diomedes Menor. Os inuit de Groenlandia son descendentes de migracións dende o Canadá e son cidadáns de Dinamarca, mais non forman parte da Unión Europea.

  1. "2006 Aboriginal Population Profile (Canada)". Statistics Canada. 15 de xaneiro de 2008. Consultado o 20 de outubro de 2013. 
  2. "The World Factbook (Greenland)". Central Intelligence Agency. 2013. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2020. Consultado o 20 de outubro de 2013. 
  3. "Table 1: American Indian and Alaska Native Alone and Alone or in Combination Population by Tribe for the United States: 2000" (xls). United States Census Bureau. 2000. Consultado o 20 de outubro de 2013. 
  4. "Eskimo-Aleut." Ethnologue. Consultado o 17 de outubro de 2013.
  5. "Entrada inuit en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  6. 6,0 6,1 "Correct use of Inuit and Inuk". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2015. 
  7. Kaplan, Lawrence (1 de xullo de 2011). Alaska Native Language Center, University of Alaska Fairbanks, ed. "Comparative Yupik and Inuit". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2015. Consultado o 12 de maio de 2015. 
  8. bambusspiele.de (ed.). "The Hunters of the Arctic". Consultado o 7 de xaneiro de 2008. 
  9. Schuit, Joke; Baker, Anne; Pfau, Roland. "Inuit Sign Language: a contribution to sign language typology". Universiteit van Amsterdam. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2015. 
  10. Kaplan, Lawrence (1 de xullo de 2011). Alaska Native Language Center, University of Alaska Fairbanks, ed. "Inuit or Eskimo: Which names to use?". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 12 de maio de 2015. 
  11. The American Heritage Dictionary of the English Language: Fourth Edition
  12. Setting the Record Straight About Native Languages: What Does "Eskimo" Mean In Cree?
  13. Department of Justice Canada (ed.). "Canadian Charter of Rights and Freedoms". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2015. 
  14. Itk.ca, ed. (10 de xuño de 2009). "Maps of Inuit Nunaat (Inuit Regions of Canada)". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2011. Consultado o 25 de febreiro de 2011. 
  15. 2.statcan.ca, ed. (22 de setembro de 2009). "Aboriginal Peoples in Canada in 2006: Inuit, Métis and First Nations, 2006 Census: Inuit". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2008. Consultado o 24 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar