Lebre europea
A lebre europea (Lepus europaeus) é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos.
Lebre europea Lepus europaeus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lebre europea en Frisia, Países Baixos | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Lepus europaeus Pallas, 1778 | |||||||||||||||||||||
Área de distribución da lebre europea
(vermello: nativa; violeta: introducida) | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
Ë unha das principais pezas de caza.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1778 por Peter Simon Pallas.[2][3] en Nova Spec. Quad. Glir. Ord.: 30.[2]
Subespecies
editarNa especie recoñécense as subespecies seguintes:[2][3]
- Lepus europaeus caspicus Hemprich & Erhenberg, 1832
- Lepus europaeus connori Robinson, 1918
- Lepus europaeus creticus Barrett-Hamilton, 1903
- Lepus europaeus cyprius Barrett-Hamilton, 1903
- Lepus europaeus cyrensis Satunin, 1905
- Lepus europaeus europaeus Pallas, 1778
- Lepus europaeus hybridus Desmarest, 1822
- Lepus europaeus judeae Gray, 1867
- Lepus europaeus karpathorum Hilzheimer, 1906
- Lepus europaeus medius Nilsson, 1820
- Lepus europaeus occidentalis de Winton, 1898
- Lepus europaeus parnassius Miller, 1903
- Lepus europaeus ponticus Ognev, 1929
- Lepus europaeus rhodius Festa, 1914
- Lepus europaeus syriacus Hemprich & Ehrenberg, 1832
- Lepus europaeus transsylvanicus Matschie, 1901
Características
editarÉ a lebre de maior tamaño das tres que habitan na Península Ibérica. Sen dimorfismo sexual acentuado, as femias son algo máis pesadas que os machos. As extremidades e as orellas son longas, estas últimas co extremo de cor negra (como toda as especies do xénero Lepus). A pelaxe é de cor parda amarelada, a excepción da zona ventral, que é abrancuxada.
Hábitat e distribución
editarHábitat
editarDe orixe esteparia, vive sobre todo en zonas agrícolas despexadas, tanto nas chairas como nas mesetas e, excepcionalmente, tamén nos bosques de certa extensión, ou nas montañas. Altitudinalmente esténde desde o nivel do mar até a alta montaña, onde pode chegar até os 2 000 m.
Distribución
editarA súa área de distribución natural abrangue case toda Europa (está ausente no norte da península Escandinava, de gran parte da Península Ibérica e dalgunhas illas do Mediterráneo. Tamén se encontra no Norte de África e en Asia Occidental. A súa área de expansión está medrando na actualidade, especialmente nos países da antiga URSS.
En España localízase desde a [[Cataluña|costa catalá] ao norte do Ebro, até a rexión central de Asturias, e desde o sur aragonés, os páramos burgaleses e palentinos até a fronteira de Francia.
Foi introducida no leste de América do Norte e en Sur (no Cono Sur), en Siberia, en Australia e en Nova Zelandia.
Costumes
editarA diferenza do coello, a lebre ocúltase en depresións pouco profundas do solo, xa que conta para camuflarse coa súa coloración mimética. Con excepción do período de celo, vive solitaria. O celo dura de xaneiro a outubro, e os lebratos nacen xa cubertos de pelo e cos ollos abertos.
Depredadores
editarSon presa habitual do lobo (Canis lupus), o raposo (Vulpes vulpes), o gato montés (Felis silvestris) de grandes aves rapaces.
Patoloxías
editarSofren diversas enfermidades, favorecidas polas repoboacións, como a síndrome da lebre parda, que provocou elevadas mortalidades en Europa e chegou a España en 1991 e a tularemia, doenza perigosa pola súa posíbel transmisión ao home.
Galería
editar-
Pegadas de lebre europea na neve
-
Rastro: (a) na herba, (b) normal (c) en fuxida
-
Excrementos
-
Cranio
Notas
editar- ↑ Smith, A. T. & Johnston, C. H. (2008): Lepus europaeus na UICN|Lista vermella]] da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 30 de decembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Lepus (?Eulagos) europaeus Pallas, 1778,
- ↑ 3,0 3,1 Lepus europaeus Pallas, 1778 no ITIS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lebre europea |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lebre europea |
Bibliografía
editar- Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7.
- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.