Felis silvestris

Especie de felino

Felis silvestris é unha especie de mamífero carnívoro da suborde dos feliformes, familia dos félidos e subfamilia dos felinos, unha das integradas no xénero Felis, que habitan en Eurasia e África, e que é coñecida vulgarmente como gato bravo,[2][3][4] gato fero,[3][4] gato do monte,[3][4] gato montés,[2][3][4] gato salvaxe,[4] ou gato silvestre.[5]

Felis silvestris
Gato bravo, gato montés

Gato montés europeo
Felis silvestris silvestris
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Xénero: Felis
Especie: F. silvestris
Nome binomial
Felis silvestris
Schreber, 1777
Área de distribución das subespecies de Felis silvestris. Felis silvestris silvestris, en verde claro, distribución historica; en verde escura, a actual
Área de distribución das subespecies de
Felis silvestris.
Felis silvestris silvestris, en verde claro, distribución historica; en verde escura, a actual

Área de distribución das subespecies de
Felis silvestris.
Felis silvestris silvestris, en verde claro, distribución historica; en verde escura, a actual
Subespecies
Véxase o texto
Gato montés europeo
(Felis silvestris silvestris)
Gato montés africano
(Felis silvestris lybica)
Gato montés da África austral
(Felis silvestris cafra)

Ten varias subespecies, entre elas o gato montés europeo (Felis silvestris silvestris) e o gato montés africano (Felis silvestris lybica).

Pode hibridarse cos gatos domésticos que foron abandonados na natureza e que volveron ao estado salvaxe.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1775 polo médico, botánico e zoólogo alemán Johann Christian Daniel von Schreber, nun traballo publicado en Die Säugethiere 3 (23): 397.[6]

Subespecies

editar

Aínda que antigamente se describiron moitas máis (o MSW recoñece 22),[6][7] segundo estudos de ADN realizados en 2007, hai seis subespecies de gatos monteses:[8]

O gato montés africano (Felis silvestris subespecie lybica) é menos tímido que outras subespecies de gatos monteses, o que facilitou a súa domesticación e deu orixe a todos os gatos domésticos (Felis silvestris subespecie catus).

Características

editar

É un felino de pequeno tamaño, e o antecesor salvaxe dos gatos domésticos (Felis silvestris catus).

Os gatos salvaxes xeralmente son de constitución máis robusta cá dos seus parentes caseiros. Adoiten ser dunha cor predominante parda agrisda ou atigrada, máis clara e ocrácea nas partes inferiores, con catro raias negras lonxitudinais na fronte, que converxern nunha liña que percorre todo o dorso. Os espécimes das Baleares, de Sardeña e de Córsega teñen un aspecto máis parecido ao do gato doméstico.[7]

Os espécimes da subespecie europea (Felis silvestris silvestris) teñen unha capa de pelo máis mesta e a cola máis poboada e ancha que a do gato doméstico, coa punta negra e, polo menos, dúas franxas negras anchas canda ela.[7]

O gato montés europeo ás veces pode ser confundido cun un gato doméstico asilvestrado de capa parda raiada pero, no caso da forma europea, pode diferenciarse pola súa mesta cola, máis robusta e ancha, con terminación arredondada, e con polo menos tres aneis negros completamente pechados.[7] A única proba morfolóxica indudabel para distinguir ao gato salvaxe do doméstico é a medida da capacidade cranial, lixeiramente maior no primeiro.[Cómpre referencia]

  • Dimensións corporais: cabeza e tronco, de 45 a 80 cm; cola, de 21 a 37 cm; altura na cruz, 30 a 40 cm.[7]
  • Peso: de 5 a 8 kg. (Ocasionalmente pode chegar até os 15 kg).[7]
  • A súa aparencia xeral é a dun gato doméstico atigrado moi robusto, coa cabeza proporcionalmente máis grande e a cola máis curta e grosa, arredondada na punta.[7]
  • A coloración xeral é gris escura con tons amarelados. Catro liñas negras percorren a parte dorsal do pescozo, e o tronco ten un esbozo de franxas transversais escuras, que son as que lle confieren aspecto de gato atigrado. Na cola obsérvanse de dous a catro aneis negros (raramente cinco), máis ou menos ben definidos, e unha franxa ancha, tamén negra, na punta. A garganta e o ventre son de cor moito máis pálido, mentres que as plantas dos pés son negras.
  • Presenta dimorfismo sexual: o macho é lixeramente máis grande e máis pesado que a femia.[7]

Hábitat e distribución

editar

Os gatos silvestres áchanse nunha ampla variedade de hábitats, desde desertos e matogueiras até bosques secos e mixtos, ausentes só da selva e nos bosques de coníferas. Os gatos salvaxes europeos están asociados principalmente ao bosque e atópanse en maior número en bosques de follas anchas ou mixtas con densidades baixas de humanos. Tamén se atopan en matogueiras mediterráneas, bosques de ribeira, límites das marismas e ao longo das costas. Evítan zonas de cultivos intensivos. Os gatos salvaxes africanos encóntranse por todas partes fóra da selva tropical.[10]

A área de distribución do gato montés euroasiático abarca Europa, Oriente Medio, o sur e centro de Asia e gran parte de África.[7] A subespecie europea (Felis silvestris silvestris) está distribuída desde o Cáucaso e Anatolia por toda a Europa central e meridional, chegando polo norte até Escocia e ás proximidades do mar do Norte e do mar Báltico.

O gato salvaxe vive en bosques, e en lugares pouco degradados e afastados dos núcleos urbanos. Tipicamente forestal, pode ocupar, así mesmo, as malezas e as matogueiras densas que lle ofrecen suficiente cobertura, así como as zonas con abrigos rochosos.[7][11]

Bioloxía

editar

Costumes

editar

Fóra do período en que alimenta á súa camada, o gato montés euroasiático é un animal solitario, cuxo territorio pode abarcar uns 2 km². É de carácter esquivo, territorial, vespertino e nocturno, o que dificulta notabelmente o seu estudo. Moi arisco e agresivo, evita a presenza humana, polo que é difícil de ver. Porén, na época de celo, os machos poden buscar femias domésticas nos arrededores de casas e granxas.[Cómpre referencia]

Sobre todo nocturno, é activo especialmente ao amencer e á noitiña; a media noite adoita descansar. Corre, gabea e salta moi ben. Non nada se non é necesario. O seu agocho pode ser un burato entre rochas, un tronco de árbore oco, unha galería no chan ou simplmente entre arbustos. Miaña (toma de contacto con conxéneres), rosma (signo de benestar) e funga (para expresar agresividae), como o gato doméstico, aínda que con maior intensiade. Durante a época de apareamento o macho emite sons como ouveos.[11][12]

Alimentación

editar

A súa alimentación é case exclusivamente animal: pequenos mamíferos, do tamaño até o dun coello ou unha lebre, crías de corzo ou adultos enfermos, roedores e outros micromamíferos, invertebrados, algúns réptiles, paxaros e anfibios. Excepcionalmente tamén consome froitos.[12]

Reprodución

editar

O apareamento do gato montés ten lugar a principios de marzo; nas zons meridionais é algo máis pronto (febreiro), e nas setentrionais algo máis tarde. A xestación dura de oito a nove semanas, ao cabo das cales a femia pare de dúas a cinco crías, que son amamentadas até uns dous meses; os gatiños abren os ollos a metade as primeira semana de vida, e empezan a inxerir alimento sólido e a abandonar o agocho a parir da quinta semana. Aos tres meses saen por primeira vez a cazar, guiados pola nai. Independízanse e abandonan á nai aos catro ou cinco meses. Alcanzan a madurez sexual ao final do seu primeiro ano de vida. A súa esperanza de vida é de até uns 16 anos.[12]

Estado de conservación

editar

O gato salvaxe euroasiático foi exterminado polo ser humano en numerosas rexións de Europa. Historicamente, a perda de hábitat provocou descensos moi grandes en Europa e Rusia desde o século XVIII até mediados do século XX.[10] Porén, os gatos salvaxes poden abundar en zonas cultivadas que aumentan as densidades de roedores,[13] aínda que estas son as zonas nas que se produce a hibridación con gatos domésticos.

A especie encóntrase protexida desde hai varios anos mediante a súa inclusión nos anexos do convenio CITES.[14]

Na Península Ibérica a súa distribución e o seu número reducíronse enormemente; historicamente ocupaba a práctica totalidade do territorio ibérico, e na actualidade segue presente en practicamente todas as provincias españolas e os distritos portugueses, pero só en zonas de bosque.[15]

Crese que a súa poboación europea está en franca regresión aínda que, quizais pola dificultade de estudo mencionada, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) inclúe o seu status na súa Lista vermella como LC (pouco preocupante).[1]

  1. 1,0 1,1 Nowell, K.; Jdeidi, T.; Masseti, M.; Nader, I.; de Smet, K. & Cuzin, F. (2010): Felis silvestris na Lista vermella da UICN. Versión 2020-1. Consultada o 15 de abril de 2020.
  2. 2,0 2,1 gato no Dicionario da RAG
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Ledo Cabido, B., dir. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 VV.AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume I. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-070-1.
  5. Adaptación do seu nome científico.
  6. 6,0 6,1 Felis silvestris silvestris en MSW.
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 Shilling & Singer 1978, p. 164.
  8. Driscoll, C. A.; et al. (28 de xuño de 2007). "The Near Eastern Origin of Cat Domestication". Science 317 (5837): 519–523. PMID 17600185. doi:10.1126/science.1139518. 
  9. Para moitos autores trataríase dunha especie independente, Felis bieti.
  10. 10,0 10,1 Jackson, Peter & Nowell, Kristin (1996): Wild cats: status survey and conservation action plan. Gland, Suíza: UICN. ISBN 2-8317-0045-0.
  11. 11,0 11,1 van den Brink & Barruel 1971, p. 148.
  12. 12,0 12,1 12,2 Shilling & Singer 1978, p. 165.
  13. Sunquist, M. & Sunquist, F. (2002): Wild Cats of the World. London / Chicago: The University of Chicago Press. ISBN 0-2267-7999-8.
  14. "Convenio CITES, anexos I, II e III". 
  15. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente Arquivado 29 de xuño de 2010 en Wayback Machine.. Consultada o 11 de maio de 2020.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar