Uz branca

especie de planta
Uz branca

Erica arborea en flor
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Ericales
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Subfamilia: Ericoideae
Tribo: Ericeae
Xénero: Erica
Especie: E. arborea
Nome binomial
Erica arborea
L.
Sinonimia

A uz branca, uz bornal, uz brancal (tamén chamada breixo branco, torgueira, urce brancal ou urrigata) (Erica arborea) é un arbusto de moita rama, dereito, que acostuma medir de 1 a 4 m de altura, mais ás veces pode chegar aos 7 metros (en Andalucía occidental) ou mesmo os 20 (Canarias). Ten as pólas abrancazadas e peludas; as follas agrúpanse en verticilos de 3 ou 4 e son moi estreitas, lineares case aciculares, glabras e lisas, de entre 3 e 9 milímetros. As flores, que se producen en gran número formando unha gran panícula piramidal son de cor branca ou rosada, pediceladas, con pedicelo provisto de 2 ou 3 pequenas brácteas; corola acampanada fendida de 4 (5) lóbulos anchos, con 8 estames. A cápsula é lisa, abrideira en 4 valvas.

Coroloxía

editar

Florece desde febreiro ou marzo até xullo, segundo a localidade.

Hábitat

editar

Nos bosques aclarados e matagueiras algo frescas e umbrosas, sobre todo nos solos desprovistos de cal (granitos, cuarcitas, arenitas etc); desde case o nivel do mar até uns 1300-1600 m de altitude; prefire as valgadas, barrancos, corgos e ladeiras con solo fresco e algo húmido.

Distribución

editar

De forma ampla en torno á rexión mediterránea, estendéndose até as Canarias, a Europa occidental e a África oriental. Nas illas Baleares, en Mallorca, Menorca e Cabrera. En Galicia atopámola no sueste.

As súas raíces empregábanse para facer carbón e tamén para a talla de pezas pequenas, como pipas para fumar tabaco.

Etimoloxía

editar

Crese que Erica deriva do grego ἐρείκειν ereikein: quebrar, en alusión ás súas ramas fráxiles.

Galería

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • García, Xosé Ramón, Guía das plantas de Galicia. Edicións Xerais de Galicia, 2008. ISBN 978-84-9782-939-7.