Abrir o menú principal

Galiñola negra

(Redirixido desde "Fulica atra")
Galiñola negra
En Tasmania, Australia
En Tasmania, Australia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gruiformes
Familia: Rallidae
Xénero: Fulica
Especie: F. atra
Nome binomial
Fulica atra
Linnaeus, 1758
Distribución de F. atra      Cría     Anual     Inverno

Distribución de F. atra      Cría     Anual     Inverno
Sinonimia
  • Fulica prior De Vis, 1888[2]
Fulica atra

A galiñola negra, tamén chamada galiñola negra común[3] ou galiñola de auga[4] (Fulica atra), é unha ave de costumes acuáticos.

Morfoloxía e hábitosEditar

Case do tamaño dun parrulo, a galiñola negra é completamente negra e ten un pico branco caracterizado cun escudete. É unha palmípede dunha lonxitude de 38 cm, envergadura de 70–80 cm e un peso aproximado de 700 gramos. Morfoloxicamente machos e femias son iguais. Ó nadar cabecea ritmicamente a cabeza.

Habita en augas doces cunha vexetación de ribeira abondosa. Aliméntase de herba, insectos e brotes de plantas, que busca mergullándose ou ben na ribeira.

ReproduciónEditar

A galiñola negra constrúe niños flotantes entre abril e xullo. En Galicia é habitual que críe na espesura dos canavais e espadainais. A posta é de 5-10 ovos cun tempo de incubación de 23-24 días. Os polos comezan a voar ás 8 semanas de vida.

DistribuciónEditar

Ave común en toda Europa Occidental. No Leste só está presente na época de cría.

NotasEditar

  1. BirdLife International (2012). "Fulica atra". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Condon, H. T. (1975) Checklist of the Birds of Australia: Non-Passerines Royal Australasian Ornithologists Union, 57:311
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Definición de Galiñola negra no Dicionario de Galego.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)