Morcego das fragas
O morcego das fragas[1] (Barbastella barbastellus) é unha especie de morcego microquiróptero da familia Vespertilionidae.
Morcego das fragas | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Barbastella barbastellus Schreber, (1774) | |||||||||||||||||||||
Distribución de Barbastella barbastellus.
| |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Descrición
editarÉ de tamaño medio, destacan as súas orellas grandes de forma cuadrangular, unidas na fronte no seu bordo interno. O pelame é bastante escuro, entre negruzco e pardo. A femia é lixeiramente maior có macho: de 35 a 42,5 mm de tamaño e un peso entre 5,6 e 13,7 g. Este morcego emite dous tipos de sinais ultrasónicas CF-FM, curtas e moi características, con máximos de intensidade en torno 32-37 e 41-43 kHz. A súa fórmula dental é .
Distribución
editarEstá amplamente distribuído por Centroeuropa acadando o sur de Escandinavia, está presente no norte de África e na maioría das illas do Mediterráneo, , aínda que pode ser raro nestas rexións, chegando até Turquía e a península de Crimea en Ucraína. En España a maioría das observacións realizáronse na metade setentrional, áchase presente nas Illas Baleares, na illa de Mallorca e nas Canarias, nas illas de Tenerife e La Gomera.
Único representante do seu xénero en Europa. As poboacións das Illas Canarias inclúense na subespecie Barbastella barbastellus guanchae.
Hábitat
editarTrátase dun morcego pouco gregario, o tamaño das colonias adoitan ser de poucos individuos, normalmente por baixo dos 15 exemplares. Especie citada habitualmente en zonas montañosas e non especialmente asociado a zonas forestais, refúxiase tanto en árbores, como en casas e refuxios subterráneos, neste último caso sobre todo en inverno.
Ameazas
editarAo tratarse dunha especie que en áreas forestais adoita ocupar buratos nas árbores, veríase afectado pola dispoñibilidade de árbores de tamaño suficiente. A maior parte das localizacións desta especie están situadas en edificacións antigas en ambientes rurais e poden verse afectados polos problemas habituais deste tipo de refuxios (remodelación, ruína e molestias...). Non obstante as colonias do morcego das fragas adoitan mudar con frecuencia de localización e por isto veranse menos afectadas ca outras especies que utilizan estes refuxios de forma máis estable (p. e. rinolófidos, Myotis emarginatus).
Galería de imaxes
editar-
Morcego das fragas voando.
-
Colonia de Barbastella barbastellus.
Notas
editar- ↑ Gonzalez, Félix (autor) L. J. Palomo, J. Gisbert y J. C. Blanco (eds) (2007). "Barbastella barbastellus". En Dirección General para la Biodiversidad -SECEM-SECEMU. Atlas y Libro Rojo de los Mamíferos Terrestres de España (PDF). Madrid. p. 241-245.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morcego das fragas |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Morcego das fragas |
Bibliografía
editar- Atlas y Libro Rojo de mamíferos terrestres de España, no Atlas da biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Visto en agosto do 2020
- Barbastella barbastellus en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).(en inglés) Visto o 18 de outubro de 2018.
- Status de conservación: Amori, G., Hutterer, R., Krystufek, B., Yigit, N., Mitsani, G. & Muñoz, L. J. P. 2008. Barbastella barbastellus. In: IUCN 2009. IUCN Lista Roja de Especies Amenazadas. Version 2009.1. Arquivado 09 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. <www.iucnredlist.org>. (NT).