Abrir o menú principal

Bocarribeira

libro de Ramón Otero Pedrayo

Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar é un libro de poesía en lingua galega escrito por Ramón Otero Pedrayo, e publicado polo Grupo Brais Pinto en 1958. Conta con ilustracións de Reimundo Patiño.

Bocarribeira
Título orixinalBocarribeira. Poemas pra ler e queimar
Autor/aRamón Otero Pedrayo
Ilustrador/aReimundo Patiño
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Poesía
EditorialGrupo Brais Pinto
Data de pub.1958
Páxinas26

Índice

EstiloEditar

A obra vai na liña de Terra Chá de Manuel María (1954) e Os Eidos de Uxío Novoneyra (1955), redundando a exaltación da paisaxe como reivindicación cultural que viña defendendo desde a época da Xeración Nós, asimilando a nova tendencia con espírito novo, e servindo de ponte entre o grupo Nós e o Brais Pinto. A bocarribeira refírese á zona de transición entre a montaña e o val do Miño, nas desembocaduras do Barbantiño e o Formigueiro. O termo bocarribeira aparece xa en novelas anteriores do autor, como Devalar. O subtítulo refírese á idea do autor sobre si mesmo, que non se tiña por poeta.

Ao igual ca Terra Chá é unha poesía fortemente nominalizada con abundantes topónimos evocados e nomes propios, algúns deles recoñecibles. Hai neopopularismos (coplas de autor con forma de poesía popular), restos hilozoístas e evocacións de neotrobadorismo. Os versos teñen medidas moi diversas.

LinguaxeEditar

Non ten moitos dialectalismos, pero si algúns termos característicos da zona.

TemáticaEditar

Un dos temas recorrentes é o vento (nordesía, cabaleiro mozo que peta nas portas), que recibe importancia como elemento dinamizador e modalizador da paisaxe. Outro elemento clave é o vieiro (o camiño, a rúa, o rueiro), que simboliza o devalar do home pola terra. A morte aparece tamén de forma recorrente, como algo non estraño, quizais como recordo do pai.

PublicaciónEditar

Bocarribeira foi escrito entre Nadal de 1955 e Reis de 1956. No ano de xubilación do autor foi publicado polo Grupo Brais Pinto, formado por membros da Xeración das Festas Minervais. Alumnos seus como Ramón Lorenzo pedíronlle o caderno orixinal, actualmente conservado na Fundación Barrié de la Maza logo de pasar por mans de Domingo García Sabell. Logo da morte de Castelao en 1950, Otero adoitaba dicir que se sentía testamenteiro del, e que a súa tarefa era difundir a súa obra, polo que se sentiu obrigado a axudar a estes mozos, o novo nacionalismo.

A edición orixinal foi impresa en Vigo en Gráficas Numen. O libro foi reeditado por Editorial Galaxia en 2005 cun limiar de Anxo Angueira.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Angueira, A. (2005): "Limiar: Do devalar á espiral". En Ramón Otero Pedrayo, Bocarribeira. Vigo: Galaxia, 7-18.