Lagarta rabuda norteafricana

especie de réptiles

A lagarta rabuda norteafricana (Psammodromus algirus)[1] é unha especie de réptiles da familia Lacertidae propia (na definición moderna da especie) dos países africanos mediterráneos do Magreb. Antes, ademais, incluíanse nesta especie as poboacións da Península Ibérica (incluída Galicia) e Francia, que agora se consideran especies independientes cos nomes P. jeanneae e P. manuelae.[2] As mencionadas poboacións galegas pertencen agora á nova especie Psammodromus manuelae (antes subespecie). Porén algúns autores consideran que son sinónimos as tres denominacións P. algirus, P. manuelae e P. jeanneae (Verdú Ricoy et al. 2010).[3][4] O seu hábitat natural é o bosque mediterráneo, as zonas de mato e os campos de cultivo.

Lagarta rabuda norteafricana
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Gallotiinae
Xénero: Psammodromus
Especie: P. algirus
Nome binomial
Psammodromus algirus
(Linnaeus, 1758)
Mapa de distribución coa nova definición restrinxida da especie.
Mapa de distribución coa nova definición restrinxida da especie.

Mapa de distribución coa nova definición restrinxida da especie.
Distribución do complexo P. algirus na súa definición ampla tradicional.

Descrición editar

É unha lagarta doadamente identificable a primeira vista, por ter un rabo moi desenvolvido. Os adultos alcanzan ata 7,5 cm de lonxitude (fociño-cloaca). O rabo é moi longo, como indica o seu nome, aproximadamente de dúas a tres veces a lonxitude do resto do corpo. As escamas do dorso e flancos son grandes, planas e puntiagudas, carenadas claramente. A coloración xeral é parda presentando dúas liñas brancas moi conspicuas a ambos os lados. As partes inferiores son brancas ou levemente tinguidas de verde. Os machos adoitan ter unha ou máis manchas azuis nos ombros, e cando están en celo teñen a gorxa e os lados da cabeza de cor alaranxada.

As escamas que recobren o dorso e os flancos son carenadas e á vez imbricadas, agás que tamén se estenden ás ventrais. Estas características descritas das escamas, ademais da lonxitude do rabo, permiten diferenciala doadamente doutras lagartas.

Ten a peculiar capacidade de emitir chíos, o que tamén se dá en Psammodromus hispanicus e en Acanthodactylus erythrurus .

Hábitat editar

Vive preferentemente en lugares arbustivos e herbáceos. É un saurio característico dos lugares secos e soleados, polo que non se encontra nas zonas altas e montañosas.

Alimentación editar

Nútrese de pequenos insectos.

Reprodución editar

A época de celo coincide co inicio da primavera, e aproximadamente a finais de xuño as femias poñen de 8 a 11 ovos (variable) esféricos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 * Miras, J.A.M., Cheylan, M., Nouira, M.S., Joger, U., Sá-Sousa, P. & Pérez-Mellado, V. 2005. Psammodromus algirus Arquivado 20 de setembro de 2008 en Wayback Machine.. 2006 IUCN Red List of Threatened Species. .
  2. Busack, S. D., Salvador, A. and Lawson, R. 2006. Two new species in the genus Psammodromus (Reptilia: Lacertidae) from the Iberian Peninsula. Annals of Carnegie Museum 75(1): 1-10.
  3. Reptiles database Psammodromus algirus
  4. Verdú-Ricoy, Joaquín; Carranza, Salvador; Salvador, Alfredo; Busack, Stephen D.; Díaz, José A. 2010. Phylogeography of Psammodromus algirus (Lacertidae) revisited: systematic implications. Amphibia-Reptilia 31 (4): 576-582.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar