Acanthodactylus erythrurus

Acanthodactylus erythrurus é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos,[2] que é endémica do noroeste africano e da Península Ibérica.[3] O seu nome científico significa "dedos con espiñas" (Acanthodactylus), polas espiñas que moitas especies do xénero teñen nos dedos das patas posteriores, que forman unha especie de peite, aínda que non son patentes nesta especie, e "de rabo vermello" (erythrurus), porque os individuos xoves teñen o rabo desa cor.

Acanthodactylus erythrurus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Sauria
Infraorde: Scincomorpha
Familia: Lacertidae
Xénero: Acanthodactylus
Especie: A. erythrurus
Nome binomial
'Acanthodactylus erythrurus'
(Schinz, 1833)

Sinonimia
A. erythurus.
Exemplar inmaturo co seu característico rabo vermello.

Distribución

editar

A. erythrurus vive na Península Ibérica (gran parte de España e unha parte de Portugal) e en Alxeria, Marrocos e parte de Tunicia.[1] Dentro do estado español escasea no norte, e en Galicia só pode verse ás veces no límite do país (non obstante, está incluído na Lista de réptiles de Galicia). O seu status para a IUCN é "pouco preocupante"[2]

Hábitat

editar

Aínda que esta especie prefire rexións secas con vexetación escasa,[3] non está restrinxida a terreos áridos, e non é rara noutros ambientes con máis vexetación.[2]

Descrición

editar

A coloración deste lagarto e o patrón das súas manchas son extremadamente variables.[3] Como resultado, os zoólogos clasificaron ás veces as poboacións con esas variacións en especies distintas. Hainos de cor lisa, pero a maioría dos adultos son pardos ou grises con moitas liñas (ata 10) lonxitudinais e manchas. Os inmaturos teñen o rabo e as coxas vermellas, característica que pode permanecer nalgúns adultos. Na cabeza carecen de escama occipital e só teñen dúas supraoculares sobre cada ollo. A lonxitude media total dos adultos maduros sexualmente incluíndo o rabo é de 18 a 20 cm.[3]

Comportamento

editar

Igual que outros membros do xénero Acanthodactylus, pode defenderse agresivamente e morder tenazmente cando o tratan de capturar. Implícanse continuamente en liortas con outros membros da súa especie e os machos defenden enerxicamente os límites dos seus territorios. A súa posición característica de repouso é coas patas anteriores ergueitas. Ten a capacidade de correr a gran velocidade.

Reprodución

editar

A. erythrurus é ovípara.[2] O número de ovos nas súas postas varía de 3 a 7.

Subespecies

editar

Recoñécense tres subespecies, incluíndo a subespecie nominotípica, que son:[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 The Reptile Database. [1].
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Slimani T, Miras JAM, Joger U, El Mouden H, Geniez P. (2006). Acanthodactylus erythrurus. In: IUCN 2008. IUCN Red List of Threatened Species. Retrieved 19 February 2009. [2]
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Arnold EN, Burton JA. 1978. A Field Guide to the Reptiles and Amphibians of Britain and Europe. London: Collins. 272 pp. + Plates 1-40. ISBN 0-00-219318-3. (Acanthodactylus erythrurus, p. 122 + Plate 17 + Map 63).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Salvador A. 1982. A revision of the lizards of the genus Acanthodactylus (Sauria: Lacertidae). Bonner Zoologische Monographien (16): 1-167. (Acanthodactylus erythrurus, pp. 57–65, Figures 23-25, Map 11).
  • Schinz HR. 1833. Naturgeschichte und Abbildungen der Reptilien. Leipzig: Brodtmann. iv + 240 pp. + Plates 1-102. (Lacerta erythrurus, p. 102 + Plate 38).

Ligazóns externas

editar