Psammodromus é un xénero de réptiles escamosos da familia Lacertidae, coñecidas comunmente como lagartas. Só viven na Península Ibérica, sueste de Francia e norte de África. Deste xénero hai dúas especies que viven en Galicia, que son P. manuelae (antes clasificada como P. algirus) e P. hispanicus. Teñen escamas dorsais grandes, carenadas e imbricadas e ventrais imbricadas. Sen colar. Placas supratemporais grandes, pero sen placa masetérica.[1]

O seu nome deriva de raíces gregas e significa "corredor das areas".

Especies editar

Notas editar

  1. Pedro Galán Regalado e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Colección Montes e Fontes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia S. A.. ISBN 84-7507-722-6, páxina 303.
  2. Fitze, Patrick S.; Gonzalez-Jimena, V.; San-José, L.M.; San Mauro, D. & Zardoya, R. 2012. A new species of sand racer, Psammodromus (Squamata: Lacertidae), from the Western Iberian Peninsula. Zootaxa 3205: 41–52,

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Uetz, P. & Jirí Hošek (ed.). "Psammodromus". Reptile Database. Reptarium.