Andoriña

(Redirección desde «Hirundo rustica»)

A andoriña ou anduriña[2] (Hirundo rustica) é unha pequena ave insectívora migratoria que se atopa en África, Europa, Asia e América. As andoriñas europeas pasan a primavera viaxando cara ao norte, chegando mesmo ata o círculo polar ártico, mentres pasan o inverno en África.

Andoriña

Subespecie europea,
H. r. rustica en Dinamarca
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Hirundinidae
Xénero: Hirundo
Especie: H. rustica
Nome binomial
Hirundo rustica
Linnaeus, 1758
Distribución de H. rustica
Distribución de H. rustica

Distribución de H. rustica
Sinonimia
  • Hirundo erythrogaster
Hirundo rustica

Catro aves escollidas
son as que pasan o mar;
o cuco e maila anduriña,
a rula e o paspallás.

—Popular[3]

A plumaxe da andoriña é negra azulada no dorso e branca no peito. O peteiro é curto, a cola acuminada e dividida en dúas gallas, as ás fortes e longas e as patas curtas. Miden arredor de 19 cm e o seu corpo, fusiforme, está adaptado para os voos rápidos e longos. A andoriña voa baixo en espazos abertos ou semiabertos e atrapa os insectos lanzándose enriba deles desde o aire.

Adoita encontrarse en aldeas e vilas, pero tamén vive no campo aberto. Constrúe os niños de barro e no interior coloca herbas e plumas cun pequeno burato de entrada baixo os beirados dos edificios, pontes, e nas paredes das rochas e cantís. A femia pon catro ou cinco ovos e os dous proxenitores alimentan as crías. As andoriñas teñen un gran sentido da orientación, sendo capaces de atoparen o seu niño do ano anterior.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.