Abrir o menú principal

O picafollas de Bonelli (Phylloscopus bonelli) é un pequeno paxaro que vive en Europa e África, pertencente á familia Phylloscopide (antes estaba clasificado dentro de Sylviidae).

Morfoloxía e hábitosEditar

O picafollas de Bonelli ten unha lonxitude duns 11,5 cm e pesa uns 8 gramos. É lixeiramente máis pequeno có picafollas musical. O corpo enteiro é de cor pardo con tonalidades amarelas. A parte inferior é máis clara, chegando nalgúns individuos a un ton branco. As patas son de cor carne pálida. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en bosques de coníferas e mixtos, chegando ata ó límite de altitude das especies arbóreas. Aliméntase de insectos e de arañas.

ReproduciónEditar

A época de cría corresponde ós meses de maio e xuño, sendo a posta duns 5-6 ovos. Necesítanse 13 días para chocar os ovos. Os polos permanecerán 12 días no niño antes de abandonalo.

DistribuciónEditar

Presente en Europa Occidental dende a Península Ibérica ata o sur de Alemaña e os Balcáns Occidentais, durante os meses de abril a setembro. Inverna no oeste de Africa Tropical.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a. (en castelán)
  1. BirdLife International (2012). "Phylloscopus bonelli". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.