Salmo trutta
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Xénero: Salmo
Especie: Salmo trutta
Linnaeus 1758 [1]
Morfos máis coñecidos
  • Salmo trutta morfo trutta
  • Salmo trutta morfo fario
  • Salmo trutta morfo lacustris

Salmo trutta é unha especie de peixe osteíctio, a máis estendida das da familia dos salmónidos.

Taxonomía

editar

A especie foi definida en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae. Ao longo do tempo foi coñecida polos sinónimos seguintes:[1]

  • Salar ausonii parcepunctata Heckel & Kner, 1858
  • Salar ausonii semipunctata Heckel & Kner, 1858
  • Salmo faris forestensis Bloch, 1801
  • Salmo trutta ciscaucasicus Dorofeyeva, 1967

Subespecies

editar

Aínda que suxeita nos últimos anos a continuas variacións e estudos de parentesco entre formas e subespecies, podemos considerar as seguintes subespecies da troita común:[Cómpre referencia]

Porén, no World Register of Marine Species admítense tres subespecies:[1]

  • Salmo trutta fario Linnaeus, 1758
  • Salmo trutta macrostigma (Duméril, 1858)
  • Salmo trutta trutta Linnaeus, 1758

Anatomía

editar

A súa cor nos ríos é marrón máis escura no lombo, cara aos flancos un marrón dourado e remata na súa rexión abdominal. cunha cor branca amarelada. Ten pintas repartidas no seu corpo, na parte superior son verdes ou marróns e nos costados mestúranse con pintas vermellas envoltas en círculos pálidos. É moi corpulenta e chegáronse a ver exemplares de até 14 kg.

Hábitat

editar

Provén de Europa e é a máis salvaxe de todas e demóstrao defendendo o seu territorio con agresividade. Atópase en gran cantidade de ambientes. Aliméntase de insectos acuáticos e terrestres (estados larvais e adultos), crustáceos e os exemplares adultos son grandes consumidores de peixe.

É a especie de troita favorita dos pescadores deportivos, debido a que vive en ambientes pouco accesibles, onde ás veces é difícil chegar cun reclamo, sumándose a isto, as súas características de modalidade esquiva, impredicible, agresiva e enormemente astuta, que a fan difícil de enganar, configurando a súa captura como un feito realmente especial.

  1. 1,0 1,1 1,2 Salmo trutta Linnaeus, 1758 no WoRMS.
  2. troita Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 Lahuerta, F. e Vázquez. F. X. (2000), p. 60.
  4. reo,2 Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  5. 5,0 5,1 Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 61.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Clover, Charles (2004): The End of the Line: How Overfishing Is Changing the World and What We Eat. Londres: Ebury Press. ISBN 0-09-189780-7
  • Heacox, Cecil E. (1974): The Complete Brown Trout. ISBN 0-87691-129-7
  • Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. Cuarta edición. Nova York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): Peixes do mar de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.

Outros artigos

editar