Salmónidos
Salmónidos Salmonidae Rango fósil: cretáceo superior - actualidade [1][2] | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Troita (Salmo trutta fario) | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||
|
A dos salmónidos (Salmonidae) é a única familia da orde dos salmoniformes (Salmoniformes), peixes teleósteos mariños, os máis deles anádromos e algúns de augas doces, que se distribúen de forma natural por todo o hemisferio Norte, pero que foron amplamente introducidos polo ser humano en augas frías de ríos de todo o mundo para a pesca,[1]
Inclúe especies como as troitas e os salmóns do Vello Mundo, os salmóns do Pacífico, as troitas do xénero Salvelinus, os corégonos (xénero Coregonus) e os tímalos (xénero Thymallus).
Algunhas das súas especies son, ademais, extensamente criadas en acuicultura, tanto que existe unha especialidade dentro deste tipo de actividades, a acuicultura de salmónidos.
Os salmoniformes apareceron por primeira vez no rexistro fósil no cretáceo superior.[2]
EtimoloxíaEditar
O seu nome científico, Salmoniformes deriva do latín salmo, que é como chamaban na antiga Roma ao salmón,[3] e o elemento -iformes, co que se constrúen os nomes das ordes de peixes.
Ademais da orde, salmo dá o nome ao xénero Salmo, que é o tipo non só da orde, senón tamén da súa única familia, Salmonidae, ao que pertence o salmón propiamente dito e as troitas.[4]
AnatomíaEditar
Teñen escamas pequenas tipo cicloide; non presentan espiñas nas aletas, tendo todos eles no seu lombo unha aleta adiposa; algunha especie pode acadar até 1,5 m de lonxitude máxima.[1]
Hábitat e bioloxíaEditar
Moitos destes peixes son anádromos, pasando parte da súa vida no mar, pero retornando aos ríos que remontan até preto da súa cabeceira para desovar nos leitos de grava; tras isto moitos deles morren.[1]
Importancia para o ser humanoEditar
Son especies moi valoradas na pesca, tanto comercial como deportiva; tamén moitas son moi usadas na acuicultura, tendo grande importancia a súa comercialización para a alimentación humana.[1]
XénerosEditar
Existen 209 especies válidas, agrupadas nos 11 xéneros seguintes:[1][4]
- Subfamilia coregoninos:
- Subfamilia salmoninos:
- Acantholingua (Steindachner, 1892)
- Brachymystax (Günther, 1866)
- Hucho (Günther, 1866)
- Oncorhynchus (Suckley, 1861)
- Salmo (Linnaeus, 1758)
- Salvelinus (Richardson, 1836)
- Salvethymus (Chereshnev e Skopets, 1990)
- Subfamilia timalinos:
- Thymallus (Linck, 1790)
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): "Salmonidae" en FishBase. Versión de decembro de 2008. Consultada o 30 de agosto de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Resetnikov, J. S. (1988): "Coregonid fishes in recent conditions". Finnish Fisheries Research 9: 11-16.
- ↑ Romeu, P. (2002). An etymological dictionary of taxonomy. Madrid: unpublished.
- ↑ 4,0 4,1 Salmonidae no WoRMS.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salmónidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Salmónidos |
BibliografíaEditar
- Benton, M. J. (2000): Vertebrate Palaeontology: Biology and Evolution. Blackwell Publishing. ISBN 0-632-05614-2. Resumo
- Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. 4th ed. New York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 336–351.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2004): `Salmoniformes en FishBase. Versión outubro de 2004.
- Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Salmonidae (TSN 161931)" (en inglés).
- Salmoniformes en ADW.
- Salmonidae en ADW.
- Salmoniformes en NCBI.
- Salmonidae en NCBI.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |