Hucho
Hucho hucho Dunai galóca.jpg
Salmón do Danubio (Hucho hucho)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Salmoninae
Xénero: Hucho
Günther, 1866
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Hucho é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos.[1][2][3]

Unha das súas catro especies distribúese polo centro de Europa, no río Danubio e os afluentes da súa conca hidrográfica, mentres que as outras tres distribúense por Asia.[4]

CaracterísticasEditar

As especies deste xénero son peixes de gran tamaño, polo que reciben o nome vulgar aumentativo de salmón, cun tamaño de entre 2 e 1,5 m de lonxitude.[5]

Adoitan pasar unha fase da súa vida no mar, e outra fase nos ríos de clima temperado, aínda que algunhas das especies pasan toda a vida en ríos e lagos.[4]

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

O xénero foi descrito en 1866 polo zoólogo británico Albert Günther.[1][2][3]

EtimoloxíaEditar

O nome científico Hucho, Günter tomouno do alemán Huchen.[6]

SinónimoEditar

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]

  • Epitomynis Schulze, 1890

EspeciesEditar

Como quedou dito, o xénero comprende catro especies:[2][3]

Imaxe Nome científico Nome común Distribución
Hucho bleekeri Sh. Kimura, 1934 Salmón de Sichuan Conca do río Yangtzé, na China
  Hucho hucho (Linnaeus, 1758) Salmón do Danubio Endémico da conca do Danubio, en Europa
Hucho ishikawae T. Mori, 1928 Salmón coreano Corea do Norte e a China
  Hucho taimen (Pallas, 1773) Salmón de Siberia Siberia

Notas taxonómicasEditar

Ademais destas catro especies, o chamado salmón de Sakhalin situábase anteriormente neste xénero, pero a xenética e outras probas demostraron que pertence ao seu propio xénero monotípico como Parahucho perryi.[7][8]

Por outra parte, o WoRMS só admite unha especie no xénero, Hucho taimen.[1]

UsosEditar

A pesca destes peixes é importante para a súa comercialización, sendo tamén cultivados en acuicultura.[4]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Hucho Günther, 1866 no WoRMS. Consultado o 26 de marzo de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Hucho Günther, 1866 no GBIF. Consultado o 26 de marzo de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Hucho Günther, 1866 na BioLib. Consultada o 26 de marzo de 2022.
  4. 4,0 4,1 4,2 Nelson, J. S. (1994). Fishes of the world (3ª ed.). New York: John Wiley & Sons, Inc. 
  5. Terofal, F. (1984): Süsswasserfische in europaischen Gewassern. Múnic, Alemaña: Mosaik Verlag. ISBN 3-5700-1274-3.
  6. hucho no Merraim-Webster Dictionary.
  7. Oleinik, A. G. e Skurikhina, L. A. (2008): "Hylogenetic relationships of Sakhalin taimen Parahucho perryi inferred from PCR-RFLP analysis of mitochondrial DNA". Russian Journal of Genetics 44: 767.
  8. Matveev, V.; Nishihara, H. & Okada, N. (2007): "Novel SINE families from salmons validate Parahucho (Salmonidae) as a distinct genus and give evidence that SINEs can incorporate LINE-related 3′-tails of other SINEs". Molecular Biology and Evolution 24 (8): 1656-1666.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Benton, M. J. (2000): Vertebrate Palaeontology: Biology and Evolution. Blackwell Publishing. ISBN 0-632-05614-2. Resumo.
  • Eschmeyer, W. N., ed. (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology.
  • Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. 4th ed. Nova York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 336–351.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar