Protacantopterixios
(Redirixido desde "Protacanthopterygii")
Os protacantopterixios (Protacanthopterygii) son unha superorde de peixes teleósteos de anatomía primitiva, tanto mariños como de auga doce, moitos deles anádromos [1].
CaracterísticasEditar
A característica máis significativa é a presenza dunha aleta adiposa trala aleta dorsal. Ademais, presentan dentes na lingua e no hioide, mandíbula superior non protusible e forame supraorbital.
ClasificaciónEditar
Divídense en tres ordes:
- Orde Esociformes (lucio)
- Orde Osmeriformes
- Orde Salmoniformes (salmón, troita)
NotasEditar
- ↑ É dicir, que viven principalmente en auga salgada pero se reproducen en augas doces.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Protacantopterixios |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Protacantopterixios |