Estomiformes
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Os Estomiformes (Stomiiformes) son unha orde de peixes mariños teleósteos, da superorde Estenopterixios (Stenopterygii), propios de augas tropicais ou temperadas. A maioría son peixes abisais.
Características
editarPosúen órganos bioluminiscentes, chamados fotóforos, que lles permiten as funcións de relación na escuridade absoluta na que viven. A disposición máis común é unha ou dúas fileiras de fotóforos na parte inferior do corpo a ámbolos lados, así como na punta das barbas que poden presentar. A luz que emiten estes peixes é practicamente invisible para os seus depredadores.
Algunhas especies posúen barbas baixo a boca. Teñen largos dientes tanto no maxilar como no premaxilar, e a boca prolóngase máis aló do ollo na maioría das especies. Cando teñen escamas, estas son cicloides, pero en moitos casos se perderon. Algúns non tenen aleta dorsal, pectorais nin aleta adiposa, pero noutras especies existe unha aleta adiposa ventral. Teñen entre 5 e 24 fendeduras branquiais.
Adoitan ser de cor marrón escuro ou negro, se ben algúns Gonostomatoidei son prateados.
Clasificación
editarDivídense en dúas subordes e catro familias:
- Suborde Gonostomatoidei
- Familia Gonostomatidae
- Familia Sternoptychidae
- Suborde Phosichthyoidei
- Familia Phosichthyidae
- Familia Stomiidae
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Estomiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Estomiformes |