A dos osmeriformes (Osmeriformes) é unha orde de peixes teleósteos da superorde dos protacantopterixios.[1]

Moitos viven en augas temperadas oceánicas pero desovan en auga doce.

EtimoloxíaEditar

O nome da orde está construído, como é a norma, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Osmerus, coa adición do sufixo do latín científico -iformes, propio dos nomes das ores de peixes, e derivado do latín forma, -ae, "forma".

En canto á etimoloxía de Osmerus, deriva do grego antigo ὀσμή osmḗ, "olor", "cheiro", "fragrancia", en referencia ao aroma característico da carne dos peixes deste xénero.[2][3][4]

CaracterísticasEditar

Os osmeriformes son peixes delgados de tamaño mediano. Caracterízanse polo maxilar moi aberto e a perda dos ósos basisfenoide e orbitosfenoide. A maioría das súas especies teñen unha aleta adiposa como é frecuente nos protacantopterixios.[5]

EcoloxíaEditar

A pesar do termo inglés co que se coñecen estes peixes, freshwater smelts (eperlanos de auga doce), os membros da orde dos osmeriformes son xeralmente mariños, ou anfídromos ou anádromos. Incluso as especies de sedentarias de auga doce deste grupo son xeralmente tolerantes a cambios considárabeis na salinidade. Pero case todos os osmeriformes desovan en auga doce, polo tanto as especies mariñas adoitan seren anádromas. Encóntranse nos océanos temperados de todo o mundo e en augas doces temperadas da rexión Holoártica e do Pacífico Sur; só unhas poucas especies se encontran en augas tropicais. Os ovos están rodeados por unha memebrana adhesiva.[5]

ClasificaciónEditar

Divídense en dúas subordes, que comprenden 13 familias con cerca de 240 especies.

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. Osmeriformes no ITIS.
  2. Woodhouse, S. C. (1910): English-Greek Dictionary - A Vocabulary of the Attic Language. George Routledge & Sons Ltd., Broadway House, Ludgate Hill, E. C. Searchable JPEG fulltext
  3. Glare, P. G. W. ed. (1968–1982): Oxford Latin Dictionary (1st ed.). Oxford (UK): Oxford University Press. ISBN 0-19-864224-5.
  4. FishBase (2006): Order Osmeriformes.
  5. 5,0 5,1 Nelson, Joseph S. (2006).

Véxase taménEditar

BiblografíaEditar

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, W. N.; R. Fricke & R. van der Laan, eds. (2016): Catalog of Fishes: Genera, Species, References. (Ver en liña).
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World (4th ed.). New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
  • Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Ligazóns externasEditar