Hoboken, Nova Jersey
Hoboken é unha cidade localizada no condado de Hudson do estado de Nova Jersey.
Hoboken (en) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova Jersey | ||||
County of New Jersey (en) | Condado de Hudson (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 60.419 (2020) (11.663,39 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 24.983 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5,180225 km² | ||||
Auga | 36,5837 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 8 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 9 de abril de 1849 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Hoboken, New Jersey (en) | Ravinder Bhalla (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 07030 | ||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | hobokennj.gov |
Situada na zona dos peiraos do río Hudson, a cidade era unha parte do Porto de Nova York e Nova Jersey e sede de importantes industrias durante a maior parte do século XX. Tamén é coñecida por ser o lugar de nacemento do cantante estadounidense Frank Sinatra, un dos artistas musicais máis populares e influentes do século XX; por iso, numerosos parques e rúas da cidade foron bautizados no seu honor.[1]
O carácter da cidade cambiou e pasou de ser unha cidade da clase obreira a unha de tendas e barrios residenciais da clase social alta.[2]
Xeografía
editarSituada a unha altitude media de 9 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 5,1 km²
Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, no ano 2020 tiña unha poboación de 60 419 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 9 805 hab./km².[3]
Hoboken ten a cuarta densidade de poboación máis alta dos Estados Unidos, máis alta incluso que a de Nova York.[4]
Hoboken forma parte da área metropolitana de Nova York, e nela encóntrase a Terminal Hoboken, un importante centro de transporte para a rexión.
Demografía
editarSegundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos no ano 2000 os ingresos medios por fogar na localidade eran de 62 550 dólares, e os ingresos medios por familia eran de 67 500 dólares. Os homes tiñan uns ingresos medios de 54 870 dólares, fronte aos 46 826 dólares para as mulleres. A renda per cápita para a localidade era de 43 195 dólares. Ao redor do 10,0 % da poboación estaba por debaixo do limiar de pobreza.[4]
Historia
editarHoboken estableceuse por primeira vez como parte da colonia Pavonia, New Netherland (Pavonia Nova Holanda) no século XVII. Durante o inicio do século XIX, a cidade foi desenvolvida polo coronel John Stevens, primeiro como un complexo turístico e máis adiante como zona residencial.[5]
Hoboken converteuse en municipio en 1849 e foi considerada como cidade en 1855.
Hoboken foi o lugar onde se xogou o primeiro partido de béisbol,[6] e é alí onde se encontra o Instituto Stevens de Tecnoloxía, unha das universidades tecnolóxicas máis antigas dos Estados Unidos.
O 29 de outubro de 2012 Hoboken quedou devastada por unha gran tormenta e polos fortes ventos asociados co furacán Sandy, deixando 1 700 casas inundadas e provocando danos por valor de 100 millóns de dólares. Incluso díxose que "encheu Hoboken como unha bañeira".[7]
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2016. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ "Less Luster on the 'Gold Coast'. New Jersey. The New York Times.
- ↑ U.S. Census Bureau.
- ↑ 4,0 4,1 U.S. Census Bureau 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2015. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ Early Innings: A Documentary History of Baseball, 1825-1908.
- ↑ The Water Next Time en theatlantic.com.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hoboken, Nova Jersey |