Podiceps

xénero de aves

Podiceps é xénero de aves da familia Podicipedidae, cuxas especies coñécense popularmente co nome de mergullóns.

O xénero reprodúcese ao longo de Europa, Asia, Norte, Centro e América do Sur. Habendo especies no Hemisferio Norte que emigran no inverno ás zonas costeiras ou a climas máis quentes.

Viven entre a vexetación ribeirega de lagos e lagoas de auga doce, aniñando na beira da auga. Normalmente poñen dous ovos, e os seus pitos adoitan ser riscados.

Todo o xénero son nadadores e mergulladores excelentes, e se alimentan de peixes, que capturan mergullándose baixo a auga. Os adultos posúen unha plumaxe de cría rechamante, sen presentar dimorfismo sexual entre os sexos. No inverno, a plumaxe é diferente.

EspeciesEditar

NotasEditar

  • Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Calros Silvar (2005), Baía Edicións. Guía das aves de Galicia, 326. ISBN 84-87674-06-2.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar