Concello de Gislaved
Gislaved é un municipio sueco (kommun) do condado de Jönköping.[1] A súa capital é a área urbana de Gislaved. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 29 562 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Jönköping ![]() | ||||
Capital | Gislaved (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 28.936 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.220,72 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Anderstorp Municipality (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) ![]() | ||||
Sitio web | gislaved.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O concello forma parte da rexión GGVV, máis coñecida como Gnosjöregionen.
Administración histórica
editarA área do concello correspóndese coas parroquias de Anderstorp, Bolmsö (parte dela), Bosebo, Burseryd, Båraryd, Gryteryd, Kållerstad, Norra Hestra, Reftele, Sandvik, Stengårdshult, Södra Hestra, Valdshult, Villstad, Våthult, Ås e Öreryd. Coa reforma municipal de 1862 fundáronse nelas concellos rurais co mesmo nome.
No concello rural de Båraryd estableceuse o 6 de maio de 1904 a localidade municipal de Gislaved, o 22 de setembro de 1939 estableceuse a de Gyllenfors no municipio rural de Anderstorp, e o 4 de xuño de 1943 a localidade municipal de Anderstorp. En 1949 fundouse o köping de Gislaved tras a reorganización do concello rural de Båraryd e da localidade municipal de Gyllenfors, ao mesmo tempo que se disolveron as localidades municipais de Gislaved e Gyllenfors.
Coa reforma municipal de 1952 fundáronse os grandes concellos de Burseryd (a partir dos municipios rurais de Burseryd, Gryteryd, Sandvik e Södra Hestra), Reftele (a partir de Kållerstad, Reftele e Ås), Södra Mo (a partir de Norra Hestra, Norra Unnaryd, Stengårdshult, Valdshult e Öreryd), e Unnaryd (de Bolmsö, Jälluntofta e Södra Unnaryd). Os concellos rurais de Bosebo e Våthult incluíronse no köping de Gislaved, mentres que o municipio rural de Villstad e o köping de Anderstorp permaneceron sen cambios.
En 1953 o concello rural de Anderstorps reorganizouse no köping de Anderstorp, ao mesmo tempo que se disolvía a localidade municipal do mesmo nome Anderstorp.
O concello de Gislaved fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Gislaved, á vez que se formaba o concello de Anderstorp a partir do köping do mesmo nome. En 1974 ampliouse o municipio de Gislaved cos concellos de Anderstorp, Burseryd, Reftele, Södra Mo e Villstad, así como cunha parte do concello de Unnaryd (fastlandsdelen av Bolmsö, omfattande en areal av 29,3 kvadratkilometer, varav 21,2 km² land, och med 163 invånare). así como parte do municipio de Unnaryd.[3]
O concello pertenceu dende a súa fundación ata o 26 de setembro de 2005 ao partido xudicial de Värnamo, e posteriormente pasou a formar parte do partido xudicial de Jönköping.[4]
Historia
editarNas proximidades do lago Bolmen, no sueste do concello, atopáronse gran cantidade de restos da Idade de pedra ata a Idade de Ferro. Debido e eses achados a área de Finnvedens Folkland, entre Gislaved e o concello de Värnamo, foi declarada zona de interese nacional para a conservación do patrimonio cultural.[5][6]
A antiga ruta comercial que unía Jönköping e Halmstad, e coñecida como Nissastigen porque segue o curso do río Nisse, atravesa o concello e foi moi importante para o seu desenvolvemento.[5] No século XVII, durante as guerras entre Suecia e Dinamarca, as tropas dinamarquesas usaban o Nissastigen para atravesar a zona.[5]
No século XVI establecéronse no concello os primeiros gästgivargårdar, establecementos regulados para viaxeros onde se ofrecía comida e aloxamento, así como a posibilidade de cambiar de cabalos. No século XIX chegou a haber 10 pousadas deste tipo en Gislaved ao longo das dúas principais estradas.[5] A importancia que tiveron estes establecementos no concello pode verse reflectida no su escudo, onde aparece o símbolo co que se representaban nos vellos mapas suecos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-20.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-20.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Värnamo tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 16 de setembro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Kjellström, Jessica. "Historia". www.gislaved.se (en sueco). Consultado o 2022-12-30.
- ↑ Blixth, Annika. "Finnvedens Folkland". www.gislaved.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2022. Consultado o 2022-12-30.