Concello de Falkenberg
Falkenberg é un municipio sueco (kommun) do condado de Halland.[1] É o concello de maior superficie do condado, e o cuarto en poboación con 47 337 habitantes en decembro de 2024.[2] Máis da metade da poboación vive na cidade de Falkenberg, a súa capital.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Halland ![]() | ||||
Capital | Falkenberg ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Falkenberg Köinge (en) ![]() Okome (en) ![]() Slöinge (en) ![]() Ullared (en) ![]() Vessigebro (pt) ![]() Vinberg (en) ![]() Älvsered (en) ![]() Ätran (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 47.310 (2025) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.825,75 km² ![]() | ||||
Bañado por | Ätran (pt) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Falkenberg Municipality, Sweden (en) ![]() ![]() | Bengt Nilsson (1983–1986) Östen Nilsson (1986–1994) Hans-Inge Sjögren (1995–1998) Östen Nilsson (1998–2002) Ingemar Johansson (2002–2006) Mari-Louise Wernersson (en) ![]() Per Svensson (en) ![]() ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | kommun.falkenberg.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Historia administrativa
editarA área do concello correspóndese coa das parroquias de Abild, Alfshög, Asige, Askome, Eftra, Fagered, Gunnarp, Gällared, Krogsered, Källsjö, Köinge, Ljungby, Morup, Okome, Skrea, Slöinge, Stafsinge, Svartrå, Ullared, Vessige, Vinberg, Årstad e Älvsered. Nesas parroquias creáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome. Na zona estaba tamén a cidade de Falkenberg, que en 1863 formou un concello urbano.
Coa reforma municipal de 1952 creáronse varios grandes concellos na zona: Högvad (a patrtir dos anteriores concellos de Holsljunga, Mjöbäck e Älvsered no antigo condado de Älvsborg), Morup (de Morup e Stafsinge), Ullared (de Fagered, Källsjö e Ullared), Vessigebro (de Alfshög, Askome, Köinge, Okome, Svartrå e Vessige), Vinberg (de Ljungby e Vinberg), Årstad (de Abild, Asige, Eftra, Slöinge e Årstad) e Ätran (de Gunnarp, Gällared e Krogsered). Ao mesmo tempo co concello rural de Skrea incorporouse á cidade de Falkenberg.
O municipio de Falkenberg formouse coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Falkenberg e dos concellos rurais de Morup, Ullared, Vessigebro, Vinberg, Årstad e Ätran, así como dunha parte do municipio de Högvad (a parroquia de Älvsered).[3]
Xeografía
editarO concello atópase principalmente no landskap de Halland, pero unha pequena parte no nordés (o distrito de Älvsered) está no landskap de Västergötland.
O municipio de Falkenberg está no Kattegatt e limita ao sur cos concellos de Halmstad e Hylte e ao norte cos de Varberg, Mark e Svenljunga, e ao leste co de Gislaved.
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-18.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-14.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.