Värmland (landskap)

Värmland é unha provincia histórica sueca (landskap) no oeste do país e ao norte do lago Vänern, na rexión de Svealand. Orixinalmente a provincia pertencía a Götaland, cos bosques de Kilsbergen como fronteira natural con Svealand ao leste. Värmland pertence a esta última rexión dende o ano 1815.[1] O landskap é rico en lagos e bosques. A agricultura atópase principalmente nas chairas preto do Vänern e nos vales que se estenden na provincia. No ano 2021 Värmland tiña unha poboación de 322 010 habitantes.[2]

Värmland
Landskap
PaísSuecia Suecia
RexiónSvealand
CondadoVärmland, Örebro, Västra Götaland
Maior lagoVänern
Punto máis altoGranberget
Área18 204 km²
Poboación322 010 habitantes
Densidade17,7 hab./km²
Símbolos
Flortrientalis europaea
Animallobo

Notas Editar

  1. Nationalencyklopedin : ett uppslagsverk på vetenskaplig grund utarbetat på initiativ av Statens kulturråd. Höganäs: Bra böcker. ©1989-<c2002>. p. 141. ISBN 978-91-7024-621-0. OCLC 30439690. 
  2. "Folkmängd i landskapen den 31 december 2021". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2023-01-09.