Unión de Kalmar
Por Unión de Kalmar, de 1397, coñécese ao estado nórdico xurdido a raíz da fusión das tres monarquías nórdicas (Noruega, Suecia e Dinamarca) nunha mesma persoa, a raíña Margarida I de Dinamarca, raíña de Noruega e Dinamarca en 1387, e nomeada raíña de Suecia en 1397.
Unión de Kalmar | |||||
| |||||
| |||||
Lema: n/d | |||||
Himno: n/d | |||||
Territorios da Unión a comezos do século XVI | |||||
Capital | Copenhague | ||||
Lingua | Danés e alemán | ||||
Goberno | Monarquía | ||||
Historia | |||||
• Establecido | 1397 | ||||
• Disolución | 1523 |
Os reinos escandinavos tentaron en diversas ocasións, ao longo do século XIV, chegar á unidade política mediante enlaces matrimoniais. A primeira Unión logrouse en 1319 entre noregueses e suecos. Máis tarde os tres reinos formarían parte da Unión coa unión entre Margarida de Dinamarca e Haakon de Noruega e Suecia.
Deste xeito, orixinouse un grande reino nórdico que englobaba non só os actuais reinos que o formaban, senón tamén os seus territorios dependentes, como Groenlandia, Islandia e as Illas Feroe (dependentes de Noruega), e Finlandia (pertencente a Suecia).
Porén, o reino nórdico non chegou a consolidarse, por mor do receo da aristocracia sueca cara a Dinamarca, que exercía de potencia dominante dentro da Unión. Tras varias revoltas dos suecos (en 1444-1446, en 1464 e a definitiva revolta de 1521), a Unión disolveuse en 1523, coa elección de Gustavo Vasa como rei de Suecia. Dinamarca e Noruega, pola súa parte, permaneceron unidas até 1814.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Unión de Kalmar |