The Shining é un filme de terror psicolóxico producido e dirixido por Stanley Kubrick que se estreou en 1980. Foi coescrito polo novelista Diane Johnson e baséase na novela homónima de Stephen King The Shining, malia que a historia difire en varios aspectos.[4] Está protagonizado por Jack Nicholson, Shelley Duvall, Danny Lloyd e Scatman Crothers.

The Shining
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Shining
DirectorStanley Kubrick
ProdutorRobert Fryer
Jan Harlan
Mary Lea Johnson
Stanley Kubrick
Martin Richards
GuiónStanley Kubrick
Diane Johnson
Baseado enThe Shining de Stephen King
IntérpretesJack Nicholson
Shelley Duvall
Danny Lloyd
Scatman Crothers
Barry Nelson
Philip Stone
Joe Turkel
Lia Beldman
Billie Gibson
Barry Denne
David Baxt
Manning Redwood
Kisa Burns
Louise Burns
Alison Coleridge
Norman Gay
MúsicaWendy Carlos
FotografíaJohn Alcott
MontaxeRay Lovejoy
EstudioProducers Circle
Perrigrine Productions
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea 23 de maio de 1980
7 de novembro de 1980
Duración146 minutos (Estrea)
144 minutos (USA)[1]
119 minutos (Europa)[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
XéneroTerror
Orzamento$19 000 000[3]
Recadación$44 400 000 (Norte América)
Filme seguinteDoctor Sleep
Na rede
IMDB: tt0081505 Filmaffinity: 598422 Allocine: 863 Rottentomatoes: m/shining Mojo: shining Allmovie: v44363 TCM: 89937 Metacritic: movie/the-shining TV.com: movies/the-shining
Facebook: KubrickShining Netlix: 959008Editar o valor em Wikidata

No filme, Jack Torrance, un escritor e ex-alcohólico, consegue un traballo como vixilante fóra de tempada no illado Hotel Overlook. O seu fillo posúe poderes psíquicos e é quen de ver cousas do pasado e do futuro, como as pantasmas de persoas que habitaron no hotel. Pouco despois de chegar, a familia queda atrapada no hotel por unha xistra, e Jack vaise vendo influenciado por unha presenza sobrenatural, volvéndose tolo pouco a pouco, e ó cabo tenta asasinar a súa familia.

Ó contrario que os filmes previos de Kubrick, que se difundiron no público a través do boca a boca, The Shining foi lanzado coma un filme de mercado masivo, estreándose primeiro só en dúas cidades no Memorial Day, e un mes despois a nivel nacional.[5] Malia que a resposta inicial do filme foi variada, a crítica acabou sendo moi favorable e hoxe está considerado entre un dos mellores filmes de terror, e entre algúns está considerado un dos mellores filmes de tódolos tempos. O director de cine Martin Scorsese, escribindo para o The Daily Beast, clasificouno como un dos 11 filmes máis arrepiantes de toda a historia.[6] Os críticos, os estudantes de cine e o produtor de Kubrick Jan Harlan, subliñaron a súa enorme influencia na cultura popular.[7][8][9]

A primeira estrea europea de The Shining era 25 minutos máis curta que a versión americana, xa que se eliminaron moitas das escenas que tiñan lugar nos exteriores do hotel.

Sinopse editar

Jack Torrance trasládase coa súa muller e o seu fillo de sete anos ó hotel Overlook, en Colorado, para encargarse do mantemento das instalacións durante a tempada de inverno, época na que resta pechado e illado pola neve. O seu obxectivo é atopar paz e sosego para escribir unha novela. Pero pouco despois da súa chegada ó hotel, ó mesmo tempo que Jack comeza a padecer desconcertantes trastornos de personalidade, comezan a producirse fenómenos paranormais relacionados cos anteriores vixilantes do hotel.

Personaxes editar

Notas editar

  1. British Board of Film Classification (ed.). "THE SHINING". Consultado o 5 de outubro de 2013. 
  2. British Board of Film Classification (ed.). "THE SHINING". Consultado o 5 de outubro de 2013. 
  3. BoxOfficeMojo.com
  4. "Kubrick v. King" Arquivado 10 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.. TheIntellectualDevotional.com. 29 de outubro de 2008.
  5. LoBrutto, Vincent. Stanley Kubrick: A Biography, p. 449
  6. Martin Scorsese (28 de outubro de 2009). The Daily Beast, ed. "11 Scariest Horror Movies of All Time". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2010. Consultado o 15 de setembro de 2010. 
  7. Thehollywoodprojects.com, ed. (26 de xullo de 2010). "Kubrick #3 – The Shining (1980) The Hollywood Projects". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2011. Consultado o 20 de setembro de 2011. 
  8. Public.iastate.edu (ed.). "Brent Wiese". Consultado o 20 de setembro de 2010. 
  9. My Movie Mundo (28 de febreiro de 2010). My Movie Mundo, ed. "Jan Harlan (producer) – The Shining, Eyes Wide Shut, etc". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2011. Consultado o 20 de setembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar