Abrir o menú principal

Un dos nosos

Filme de 1990 dirixido por Martin Scorsese

Un dos nosos (en inglés: Goodfellas) é un filme estadounidense dirixido por Martin Scorsese que foi estreado no ano 1990. É unha adaptación do libro non ficticio 1986 Wiseguy de Nicholas Pileggi, quen tamén co-guionizou o filme xunto con Scorsese. O filme conta o ascenso e caída de Henry Hill, colaborador da familia criminal Lucchese entre 1955 e 1980. Joe Pesci recibiu ó Oscar ó mellor actor secundario pola súa interpretación.

Un dos nosos
Ficha técnica
Título orixinalGoodfellas
DirectorMartin Scorsese
ProdutorIrwin Winkler
GuiónMartin Scorsese
Nicholas Pileggi
Baseado enWiseguy de Nicholas Pileggi
IntérpretesRay Liotta
Robert De Niro
Joe Pesci
Lorraine Bracco
Paul Sorvino
FotografíaMichael Ballhaus
MontaxeThelma Schoonmaker
DistribuidoraWarner Bros.
EstreaFlag of the United States.svg 19 de setembro de 1990
Galicia 3 de xuño de 2013 (TVG)
Duración146 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$25 000 000[1]
Recadación$46 800 000[2]

Estreouse en galego na TVG o 3 de xuño de 2013.

ArgumentoEditar

Henry Hill (Ray Liotta), fillo de pai irlandés e nai siciliana, é testemuña da vida de poder, honra e respecto que levan os gangsters que habitan no seu barrio, nunha zona de Brooklyn onde son maioría os emigrantes, e que está baixo a protección do patriarca da familia Pauline, Paul Cicero. Henry, ós seus trece anos de idade, desistirá de seguir indo a clase, e fascinado por tal vida mafiosa, entrará a formar parte da organización, comezando por ser un mero mozo dos recados para ir ascendendo de posición a medida que fortalece a confianza que nel depositan os integrantes da hampa local, como o irlandés Jimmy Conway (Robert De Niro) ou o italoamericano Tommy de Vito (Joe Pesci), penetrándose cada vez en negocios máis turbios.

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. Box Office Mojo (ed.). "Goodfellas". Consultado o 7 de decembro de 2014. 

Véxase taménEditar